O Concello acaba de facer público o informe socioeconómico completo de 2017 do Observatorio urbano de Pontevedra elaborado polo grupo G4 Plus Desenvolvemento estratéxico: organización e territorios da Universidade de Vigo que xa está consolidado como unha ferramenta para a toma de decisións dos distintos axentes sociais de cara ao desenvolvemento como espazo dinamizador.
Neste terceiro informe elaborado por este grupo de investigación universitario, se traballaron con máis de 1,2 millóns de valores, dos cales se trasladaron ao estudo máis de 25.000, e que permitiron sacar máis de 260 indicadores distintos. Entre os bloques de información que recolle o estudo está a cohesión social, economía e empresa, indicadores de posicionamento en relación ás sete grandes cidades galegas, entre outros.
Pode consultarse o informe completo no seguinte ligazón: http://pontevedra.gal/publicacions/OUP2017_Informe_final_web/OUP2017.html#p=1
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.