Así. a CRTVG presentou esta semana algúns dos cambios na súa programación cultural, cuxo adianto o pasado maio provocou numerosas protestas de sectores que entenderon que con estas mudanzas se está a suprimir o Diario Cultural. Destaca entre as novidades o nomeamento de María Solar como coordinadora de Cultura da CRTVG. Ademais, os medios públicos galegos tamén anunciaron o pasado mércores que Fernando Ónega, Ángel Carracedo e Ricardo Colmenero sumaranse como colaboradores aos informativos da Radio Galega na nova tempada.
Na Radiotelevisión Española, as novidades desta tempada, tras o cambio de goberno producido en xuño, son aínda máis numerosas, con cesamentos e nomeamentos en practicamente todas as seccións de informativos. Estos cambios tamén foron contestados, nesta ocasión cun comunicado que os califica de “represalias” e que se presenta como apoiado por 50 profesionais do ente. Tras a estrea da nova etapa dos Telediarios, o último cambio anunciado foi a destitución de Álvaro Zancajo como director de Canal 24 Horas e o nomeamento de Cristina Ónega para ese posto.
As canles privadas da televisión presentaron tamén as súas novidades para o inicio da tempada informativa, co cambio de imaxe dos informativos de Antena 3 e a amplación do horario de Deportes Cuatro como mudanzas máis destacadas. Pola súa banda, as radios comerciais estrearon xa as voces da nova tempada. O regreso de Mara Torres á Cadena Ser, a presenza de Ángel Expósitoá fronte de La linterna na Cope ou a ampliación de horario de Carlos Alsina en Onda Cero son algunhas das novidades.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.