O local Federal Bar de Pizarro acolle un mercadillo, nin made in nin farrapo de ghaitas!

Mercadillo de artesanía nun dos locais mais orixinais da cidade!
Publicado por o día 10/08/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O local Federal Bar de Pizarro acolle un mercadillo, nin made in nin farrapo de ghaitas!

Mañá terá lugar na rúa Pizarro número 44 o primeiro mercadillo sen made in en Federal Bar, se es das persoas que gustan das artesanías este mercadillo é o teu, o mercadillo abre as súas portas ás 11:00 da mañá ata as 21 h.

Este mercadillo organizado por Federal Bar  coa axuda de Maruxadas‎.

Maruxadas e un negocio que crea e vende produtos feitos a man, para regalar ou para un mesmo (que tamén hai que darse un capricho!;). Fan desde pulseiras, broches, colgantes, pendentes… ata bolsos carteiras e moitas cousas máis.

Achegate ao Federal Bar, e pasa un rato agradabel nun bar diferente polo deseño como a decoración xa que é estupendo e resulta máis que acolledor. Os efectos de luz e cada recuncho que ten este local da rúa Pizarro ten o seu encanto, mais entrar ao hall do negocio atópaste cuns sofás comodísimos, logo cando pasas a entrada atópaste cun local que non che deixará indiferente xa que en se parece un museo, ten tres alturas con distintas inspiracións. En definitiva un local que se o pisas unha vez enfeitizarache e desexases volver polo entorno e pola calidade das persoas que traballan nel.