Os amantes do metal teñen unha cita na mítica sala Masterclub de Vigo este sábado, 26 de outubro, para vivir en primeira persoa o Madkhora Fest 2019, a primeira edición do festival de metal creado e organizado por Mantícora Producciones. Nesta ocasión, a produtora conta con grandes bandas que chegan desde diferentes puntos de Europa dispostas a facer desfrutar aos asistentes dunha noite única na que o metal é o protagonista: Arson Tides, Red Method, Bolu2 Death, Vita Imana e Bloodhunter.
As bandas do Madkhora Fest 2019
A banda viguesa Arson Tides será a encargada de abrir a primeira edición do festival de Mantícora Producciones presentando o seu primeiro traballo Child of The Tide. De seguido, será o turno da banda británica Red Method, unha das bandas revelación no panorama musical británico que chegou a telonear a artistas como Phil Anselmo e a facer parte do festival Bloodstock Festival, que agora chega a Vigo como parte do seu primeiro tour por España.
A banda andaluza Bolu2 Death tocará en terceiro lugar presentando o seu último traballo Spiral dispostos a sorprender ao público co seu “flamencore” e un potente directo. Seguiranlle os madrileños Vita Imana, co seu novo cantante, Mero Mero, á fronte, presentando Bosa en directo. Por último, Bloodhunter, encabezados por Diva Satánica, serán os encargados de pechar o festival presentando o seu último traballo The End of Faith, dispostos a demostrar que o seu impacto na escena metaleira nacional non é froito da casualidade.
Horarios do Madkhora Fest 2019
- 20:30: Apertura de portas
- 20:45: Arson Tides
- 21:45: Red Method
- 22:50: Bolu2 Death
- 00:00: Vita Imana
- 01:35: Bloodhunter
Entradas
As entradas poden adquirirse de forma anticipada en Entradium e na tenda física Discos Elepé por 15 € ou ben en taquilla no mesmo día por 20 €.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.