O ocio non descansa en Mos tras o Nadal e chega a segunda edición do ciclo de monólogos IMos Rir El Monaguillo, Luis Zahera, Miguel Lago e Enrique San Francisco terán como esceario o auditorio do Centro Dotacional de Torroso entre os meses de febreiro e maio
Tras as datas navideñas a programación cultural e de ocio non cesa e Mos e comeza a segunda edición do ciclo anual de monólogos IMos Rir. A concelleira de Participación Cidadá mosense, Julia Loureiro, informou hoxe de que dende xa sácanse á venta anticipada as entradas para os monólogos do ciclo humorístico IMos Rir 2.
Tras o éxito da primeira edición deste ciclo que se desenvolveu ao longo do pasado 2018, chega a segunda edición que comezará o 3 de febreiro co monólogo de El Monaguillo. O 17 de marzo chegará o turno de Luis Zahera, seguido de Miguel Lago o 28 de abril, e Enrique San Francisco o 19 de maio. Todos os espectáculos cómicos celébranse o domingo ás 20.00 horas no auditorio do Centro Dotacional de Torroso, situado na estrada Puxeiros-Mos. O aforamento do auditorio é de algo máis de 300 persoas. A venta de entradas online é a través da plataforma www.woutick.es e tamén hai puntos de venta física de entradas na cafetería do Centro Dotacional de Torroso, e no quiosco Sendín, rúa Pizarro 46 de Vigo. Os prezos, moi alcanzables en comparación ao que se cobra por estes espectáculos en calquera capital, son de 10 euros máis gastos de xestión se se compra a entrada anticipadamente e de 13 euros se se compra o mesmo día do espectáculo no despacho de billetes do auditorio. Non se recomenda a entrada aos espectáculos a menores de 12 anos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.