O Parlamento insta a prohibir a publicidade do xogo na CRTVG

O Parlamento galego reclamou esta semana que se prohiba a publicidade de xogo e apostas nos medios públicos de Galicia. A CRTVG convertiríase así no terceiro ente autonómico que elimina estes anuncios da súa programación, tras as radiotelevisións madrileña e vasca.
Publicado por o día 23/09/2019 na sección de TV

O Parlamento insta a prohibir a publicidade do xogo na CRTVG

O Parlamento galego reclamou esta semana que se prohiba a publicidade de xogo e apostas nos medios públicos de Galicia. A CRTVG convertiríase así no terceiro ente autonómico que elimina estes anuncios da súa programación, tras as radiotelevisións madrileña e vasca.

Parlamento de Galicia instou este mércores pasado á Xunta de Galicia a prohibir a publicidade do xogo e das apostas, tanto en liña como presencial, na Corporación de Radio e Televisión de Galicia, independentemente da faixa horaria ou do tipo de programación que se emita. Ademais, acordouse instar ao Goberno do Estado para que faga o mesmo no ámbito da súa competencia. A proposición, presentada polo Grupo Popular na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, foi apoiada por todos os grupos agás o Grupo Común da Esquerda, que se abstivo tras rexeitarse a súa enmenda que extendía a prohibición a todos os medios de comunicación.

Na presentación da proposición non de lei, a popular Paula Prado falou da necesidade de “protexer” aos menores de idade “eliminando calquera posibilidade de uso de técnicas de incitación ao xogo en relación cos sectores da poboación máis vulnerábeis”. Así mesmo, avanzou que a Lei reguladora dos xogos de Galicia na que traballa o goberno galego incluirá restriccións na promoción do xogo.

A presenza de anuncios de casas de xogo e apostas nos medios de comunicación vén xerando un amplo debate nos últimos tempos. En marzo deste ano, a Comunidad de Madrid prohibiu a súa publicidade en Telemadrid e Onda Madrid e a radiotelevisión pública vasca seguiu o seu exemplo uns meses despois. Posteriormente, o Defensor do Pobo recomendou que se prohibira toda a publicidade de xogo e apostas en prensa, radio, televisión e Internet, a excepción das loterías e apostas da Administración do Estado e da ONCE.

Comentar noticia

Your email address will not be published.