O presidente provincial do PSOE David Regades esíxelle a Feijóo abandonar o “modelo Nicolás Maduro” e os tics autoritarios

O PSOE de Pontevedra e Os/as alcaldes/as socialistas da provincia acordaron esixir da Xunta de Galicia a transferencia inmediata de 250 millóns de euros dos fondos que recibe de UE
Publicado por o día 16/01/2021 na sección de Política,PSOE

O presidente provincial do PSOE David Regades esíxelle a Feijóo abandonar o “modelo Nicolás Maduro” e os tics autoritarios

Os 22 alcaldes/as socialistas de Pontevedra, a través do secretario xerarl provincial David Regades Fernandez , instan a Feijoo a abandonar o “modelo Maduro”, os tics autoritarios, e a que colabore e empatice coa xente que peor o está pasando. Axudas claras e transparentes para os sectores afectados pola pandemia. Menos campañas de propaganda e publicidade e máis axudas.

Os 22 alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia de Pontevedra acordaron esixir á Xunta de Galicia a transferencia inmediata de 250 millóns de euros para a Administración local a que reparta estas axudas entre os sectores afectados, ao tratarse da máis próxima á cidadanía.

Os responsables locais queren transmitir de maneira rotunda que “quen pecha, paga”, e que, dese modo, o mesmo día que a Xunta de Galicia decida pechar ou restrinxir un sector, debe aprobar “as indemnizacións correspondentes”. Critican a “incapacidade da Xunta” e ofrécense para que os concellos sexan o portal único para tramitar a xestión deses 250 millóns e garantir que se trata de “axudas reais, diñeiro contante e sonante en lugar de propaganda institucional”.

Ademais dos 22 rexedores tamén participaron 8 tenentes de alcalde, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e os presidentes da FEMP e FEGAMP, Abel Caballero e Alberto Varela.

Concellos “afogados”

David Regades, presidente da zona Franca de Vigo e secretario do partido na provincia, lembrou que a Xunta recibiu 1.193 millóns de euros extraordinarios do Goberno para atender todas as emerxencias sanitarias e económicas derivadas da pandemia. Denuncia que se esa cantidade o goberno de Feijóo “non transferiu un só euro aos concellos” a pesar de que desde as corporacións municipais asumíronse subvencións directas, exencións fiscais e gastos derivados das desinfeccións de colexios e espazos públicos. “Os concellos están afogados, algúns repartiron case o 5% do seu orzamento en axudas directas e Feijóo pretende que sexan eles os que sigan pagando case en solitario a factura da pandemia”, expresa Regades.

Os alcaldes socialistas destacan que o único apoio económico que recibiron chegou a través da Deputación de Pontevedra, que desembolsou 28 millóns de euros de anticipos da súa recadación tributaria, ademais de dous fondos extraordinarios dotados con 1,3 millóns e 365.000 euros o ano pasado. Para 2021, o organismo que preside Carmela Silva xa comprometeu outros 6 millóns.

“A hostalería, o lecer nocturno, o turismo e a cultura están a pasalo realmente mal e non están entre as prioridades da Xunta”, quéixase o secretario provincial, que sospeita que os 1.193 millóns de euros que a Xunta recibiu do Goberno “terminaron nas carísimas camapañas de publicidade” do executivo galego. “As contas da Xunta sobre as axudas nin llas cren os profesionais da hostalería nin ninguén”, sentenza.

O municipalismo socialista

O municipalismo socialista denuncia a falta de credibilidade das axudas que anuncia a Xunta, saídas de convocatorias cruzadas, liosas e pouco transparentes. É urxente simplificar o procedemento para que se repartan cartos contantes e sonantes, en lugar de fume.

Esiximos “modelo alemán”: que no mesmo Decreto no que se acordan peches e restricións de negocios, se inclúan as indemnizacións. E que as axudas se canalicen a través da Adminsitración local, a que mira aos ollos da xente. Como acordou o presidente valencián Ximo Puig coas deputacións e os concellos da Comunitat.

Menos tics autoritarios tipo Maduro e máis transparencia, señor Feijoo

Comentar noticia

Your email address will not be published.