🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, centrará a sesión de control do próximo Pleno do Parlamento nas medidas do goberno para frear a terceira onda. Así o explicou o viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, logo da reunión da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día para a próxima sesión plenaria. Arangüena […]

Gonzalo Caballero no Congreso: “Aznar prorrogou a concesión da AP-9 e Rajoy vetou debater a súa transferencia a Galicia. Cómpre avanzar na rebaixa das peaxes e o traspaso da autopista”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu hoxe no Congreso para defender a transferencia a Galicia da AP-9, unha cuestión reclamada xa por Emilio Pérez Touriño dende a presidencia da Xunta a pesares de que outros “tenten agora colgarse medallas”. Ao respecto, o líder dos socialistas galegos puxo en valor que un goberno progresista […]

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, propuxo hoxe “un gran plan de fortalecemento da sanidade pública galega” logo de constatar o “xaneiro horribilis” provocado polo fracaso da súa estratexia Salvar o Nadal. O líder dos socialistas galegos alertou da situación das UCI no seu nivel máximo mentres Galicia rexistra un número de falecementos por […]

“Non entendemos que se force o alumnado a elixir entre estudos e saúde”.

A organización xuvenil do PSdeG de Vigo manifestou o seu enfado coa situación vivida esta semana nas tres universidades galegas, onde a pesar de quedarsuspendidas as clases presenciais o martes, vivíronse escenas de aglomeracións en corredores e aulas pola obriga a que se veu sometido o estudantado de facer exames presenciais en plena apoxeo da […]

O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, urxe a Feijóo que saia dar explicacións logo de coñecerse que a alcaldesa de Boimorto, do PP, foi vacinada fronte á covid de xeito irregular, durante a quenda das residencias e dos sanitarios de primeira liña. “Feijóo ten que resolver esta situación antes da súa xuntanza co presidente […]

A deputada socialista Paloma Castro vén de criticar que o proyecto de Lei de Residuos e Solos Contaminados quede “a medio camiño” para poder ser un instrumento “que permita acadar unha xestión sostible de residuos” en Galicia. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento, durante a elaboración do ditame sobre o proyecto desta […]

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, propuxo hoxe un novo modelo de turismo para o rural “de calidade, sostible e que aproveite as oportunidades das novas tecnoloxías da comunicación”. A responsable socialista mantivo un encontro telemático co presidente da Federación Galega de Turismo Rural, Francisco Xabier Almuíña, o presidente do clúster do […]

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Noa Díaz, reclamoulle ao director xeral do ente que volva programar contido educativo para os tramos de mañá da TVG2. Díaz presentou unha pregunta oral na Comisión celebrada hoxe na que pediu recuperar a emisión de dúas horas de programación educativa, como fixera durante o confinamento. […]

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe o reforzo do persoal sanitario destinado ao Plan de Vacinación fronte ao coronavirus. O responsable socialista presentou unha interpelación na que alertou das dificultades da campaña de vacinación e urxiu a implicación da administración autonómica para culminar “o éxito da vacinación derivado da colaboración […]

Gonzalo Caballero propón a Feijóo “deixar os anuncios” e poñer xa axudas reais ao comercio e á hostalería aos que “puxo o candado”: “Afronte as súas competencias tras fallar coa estratexia de salvar o Nadal”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe ao presidente da Xunta a “deixar os anuncios” e aprobar xa axudas a disposición dos negocios aos que “lle puxo o candado”, como o comercio, a hostalería, a cultura e o deporte. ”Afronte as súas competencias”, requiriu a Feijóo no Parlamento, tras considerar “preocupante” que o […]

O voceiro de Educación, Luís Álvarez, vén de urxir á Xunta explicacións sobre o peche dunha escola no Concello de Begonte. Fíxoo hoxe, no Pleno do Parlamento, a través dunha pregunta ao conselleiro de Educación. “Atopámonos ante un caso inédito en Galicia, o primeiro alcalde que quere pechar un colexio con 30 alumnos”, sentenciou o […]

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de esixir explicacións á Xunta de Galicia, logo de “marchar pola porta de atrás” do padroado da Fundación Sargadelos “tan só un mes e medio despois de ter ingresado” e cando se anuncia a fichaxe de Eva Cárdenas. Fíxoo, hoxe no Pleno do Parlamento, nunha […]

A portavoz de Comercio do Grupo Socialista, Leticia Gallego, reclamoulle hoxe á Xunta axudas directas para apoiar ao pequeno e mediano comercio fronte á crise do coronavirus. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento fronte a unhas medidas “totalmente insuficientes e mesmo ínfimas para os 30.000 comerciantes rexistrados na nosa Comunidade […]

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe no Parlamento que os orzamentos da Xunta para este ano “non dan resposta” á crise derivada da covid porque non se centran en “fortalecer o benestar, rescatar á economía e construír o futuro” tralo paso da pandemia. “Estas contas son un papel superado pola realidade das […]

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe que “non podemos deixar ás Xunta cos brazos cruzados” nun contexto no que “se limita a discutir medidas pero non toma todas as medidas de protección necesarias para a cidadanía máis vulnerable”. Chamou a “fortalecer á Xunta do benestar” aproveitando os Orzamentos que se debaten mañá […]

O Grupo Socialista vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para esixirlle á Xunta que reforce os medios e persoal do servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. As parlamentarias socialistas Carmen Rodríguez e Marina Ortega presentaron estas iniciativas logo da “situación crítica” que viviu o servizo a pasada semana poñendo en […]

Gonzalo Caballero propón á Xunta “reconsiderar” uns orzamentos que non prevían a terceira onda da covid: toca “fortalecer” a sanidade con 100 millóns de euros e “salvar” a economía

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, propuxo á Xunta, na semana na que se aprobarán os seus orzamentos para 2021, que “reconsidere” unhas contas públicas que non prevían esta terceira onda da covid “que nos acende todas as luces de alarma” polo número de contaxios e pola elevada presión asistencial á que están tendo […]

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, reclámalle á Xunta que elimine o copago dos usuarios do Servizo de Axuda ao Fogar e sexa asumido pola administración autonómica. A responsable socialista presentará unha proposición non de Lei no Pleno que comeza este martes para incrementar as achegas autonómicas a este servizo para […]

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, vén de propoñer á Xunta que reforce o persoal sanitario para o plan de vacinación para “usar de inmediato todas as vacinas dispoñibles”, “perfeccionar o sistema de telemedicina” e “evitar reprogramacións e retrasos nas intervencións xa programadas”. Fíxoo tras manter unha xuntanza coa alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, […]

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei presentada polo PSdeG para esixirlle á Xunta que cubra as vacantes dos gardapeiraos asignados aos portos de Burela e Celeiro. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, explicou que o procedemento para contratar aos 5 gardas que teñen […]

Torrado critica que o PP non apoie a iniciativa socialista cando as instalacións se atopan nun estado “inasumible” e “indigno para calquera persoa traballadora” O deputado arousán Julio Torrado vén de instar á Xunta de Galicia e a Portos de Galicia a executar o proxecto de instalación duns novos vestiarios para o persoal do porto […]

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Paloma Castro, anunciou que defenderá no Parlamento unha serie de propostas na liña das demandas dos sindicatos UGT e CCOO, que veñen de reclamarlle á Xunta que habilite o teletraballo aos traballadores da Administración Autonómica que así o soliciten. A responsable socialista reclámalle á Xunta que “predique […]

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de manter un encontro telemático cos representantes socialistas do concello de Cerdedo – Cotobade, encabezados pola portavoz municipal, Lina Garrido, para presentar as emendas aos orzamentos da Xunta para reclamar melloras no Concello. As demandas centráronse na mellora dos equipamentos sanitarios, de educación pública e infraestruturas da […]

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza cunha delegación do Clúster de Turismo de Galicia encabezada polo seu presidente, Cesáreo G. Pardal, na que ambos coincidiron en que este sector “non pode pagar toda a factura desta crise”. Por iso, Gonzalo Caballero propuxo ao resto de grupos parlamentarios, PP e BNG, […]

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, acusou hoxe ao goberno galego de ter continuado cos recortes nas axudas á Dependencia iniciados por Rajoy en 2012 ata situar a Galicia como a segunda Comunidade Autónoma do Estado que menos inviste por habitante neste apartado, tan só superada por Canarias. Así o dixo […]

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, levou hoxe á Comisión de Sanidade os problemas reportados polos sanitarios e os pacientes crónicos, incapaces de renovar a tempo as receitas para conseguir a medicación necesaria. Torrado presentou unha pregunta oral na que advertiu de que a xestión da asistencia sanitaria polo goberno galego resulta […]

O portavoz de Deportes do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, vén de reclamarlle ao secretario xeral para o Deporte que explique no Parlamento as consecuencias das novas restricións decretadas sobre o deporte autonómico federado. O responsable socialista presentou unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que clarifique o futuro inmediato das competicións federadas […]

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, esixiulle á Xunta que reactive o proxecto de reurbanización do barrio de Monteporreiro, ao noroeste da cidade de Pontevedra, que se remonta a 2009, pero que leva paralizado dende 2013. A responsable socialista visitou hoxe o barrio xunto con Mario Lago, integrante da candidatura do PSdeG as eleccións […]

Gonzalo Caballero propón un Plan de Reforzo da sanidade pública que permita “gañar a batalla á terceira onda da covid con máis equipos de vacinación e rastrexo”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, reclamoulle hoxe a Feijóo que acepte a emenda socialista aos Orzamentos da Xunta con 100 millóns de euros adicionais para blindar á sanidade pública fronte á pandemia. Así o dixo na visita ao Concello de Vilagarcía, onde mantivo un encontro co alcalde, Alberto Varela, para presentar as emendas […]

O PP evita comprometerse cun plan de viabilidade que garanta a continuidade da planta de Siemens Gamesa en As Somozas

O portavoz de Política Industrial do Grupo Socialista, Martín Seco, lamentou hoxe a negativa do PP a respaldar unha iniciativa de apoio á planta de Siemens – Gamesa en As Somozas presentada polo PSdeG en Comisión. A proposta foi rexeitada polo PP porque incluía o compromiso da Xunta para elaborar un plan de viabilidade incorporando […]

A Deputación de Pontevedra debaterá no Pleno ordinario deste mes de xaneiro unha moción asinada polos grupos de Goberno (PSdeG-PSOE e BNG) pola que esixe á Xunta de Galicia un Plan de Rescate da hostalería e do resto dos sectores afectados pola pandemia de Covid19 nun marco de colaboración interadministrativa. A Deputación adianta a súa […]

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este martes unha xuntanza co alcalde do Barco, Alfredo García, no marco dunha visita a Valdeorras. Dende alí, o líder socialista reclamou á Xunta melloras nas infraestruturas da bisbarra, así como compromiso co seu hospital e co polígono industrial. “A Xunta ten que ter en conta a […]

O portavoz de Agricultura e Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, acusou hoxe ao PP de bloquear a concentración parcelaria Dodro – Laíño II unicamente por secundar o “capricho” do ex alcalde de Dodro, do PP. Así o dixo logo de coñecer o voto en contra do PP a unha proposta presentada hoxe polo PSdeG […]

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, acusou hoxe á Consellería de Medio Rural de “darlle as costas” aos técnicos de prevención e defensa contra incendios forestais. Rodríguez presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle á Consellería que convoque “de inmediato” a mesa de negociación para actualización as condicións laborais destes […]

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta “que sexa responsable e deixe de botar balóns fora e de buscar culpas alleas” na xestión da pandemia. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que se acordou transmutar a sesión de control do próximo Pleno do Parlamento na comparecencia […]

Gonzalo Caballero propón no Parlamento un fondo extraordinario para os concellos galegos con 100 millóns de euros distribuídos “con criterios obxectivos” para facer fronte á covid

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou este luns que cómpre que o presidente da Xunta acuda ao Parlamento a explicar as restricións que vai tomar para frear a propagación da covid e as medidas que, nos eidos económico e social, vai poñer en marcha para “protexer aos galegos e ás galegas” fronte a […]

O presidente provincial do PSOE David Regades esíxelle a Feijóo abandonar o “modelo Nicolás Maduro” e os tics autoritarios

Os 22 alcaldes/as socialistas de Pontevedra, a través do secretario xerarl provincial David Regades Fernandez , instan a Feijoo a abandonar o “modelo Maduro”, os tics autoritarios, e a que colabore e empatice coa xente que peor o está pasando. Axudas claras e transparentes para os sectores afectados pola pandemia. Menos campañas de propaganda e […]

Gonzalo Caballero destaca que máis da metade dos galegos estarán vacinados no verán e chama á Xunta a protexer aos sectores devastados pola crise da covid

O secretario xeral do PSdeG, destacou hoxe que máis da metade dos galegos e das galegas estarán vacinados de aquí ao verán, segundo o plan aportado polo Ministerio de Sanidade. Mentres se desenvolve a campaña de vacinación, como sinalou o líder do PSdeG, a Xunta “ten que protexer a saúde dos galegos e das galegas” […]

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe á Xunta que reforce a contratación de persoal de Enfermaría encargado de aplicar as vacinas contra a covid. O responsable socialista chamou a reforzar os equipos de cara á chegada das novas vacinas de Moderna, AstraZéneca ou Johnson & Johnson, que permitirán acelerar o […]

A portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, reclamoulle hoxe ao goberno galego que acompañe as novas restricións dun Plan de Rescate á Hostalería galega con “axudas potentes e recursos suficientes”. Así o dixo logo dun encontro en Vigo co presidente da Federación de Hostalería de Pontevedra, César Ballesteros, e o responsable […]

1 2 3 25