O sitio web do proxecto europeo AGRITOX (http://agritox.eu), no que participa como socia a Deputación de Pontevedra, xa está en funcionamento para que quen o desexe poida consultar o labor que se está a levar a cabo entre as once entidades participantes na iniciativa. De feito, esta nova ferramenta conta cunha sección dedicada á Estación Fitopatolóxica Areeiro.
O proxecto AGRITOX, cun presuposto total de 1.954.138,80 euros, está cofinanciado polo Fondo Europeo do Desenvolvemento Rexional a través do Programa Interreg Atlantic Area, un programa de cooperación interrexional da Unión Europea. O seu obxectivo é proporcionar á industria alimentaria da Área Atlántica información e solucións para evitar a contaminación de micotoxinas, un desafío crecente debido ao cambio climático e un problema para a saúde. Esta premisa estase a levar a cabo mediante a cooperación internacional entre catro entidades de España, entre as que se atopa a Estación Fitopatolóxica Areeiro, unha do Reino Unido, catro de Portugal, unha de Irlanda e unha de Francia.
Os socios de AGRITOX están a desenvolver sistemas de alerta de toxicidade e plans de xestión de riscos da industria para asegurar a distribución de produtos, con novos métodos máis seguros para o cultivo, colleita e almacenaxe.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.