O rexedor eloxia o labor de Luis Espada como Valedor do Cidadán

Publicado por o día 12/01/2021 na sección de Galicia,Concello de Vigo,Vigo

Abel Caballero e Luis Espada mantiveron este martes un encontro no Concello no que abordaron o traballo que está a desenvolver o Valedor do Cidadán en diferentes ámbitos de interese para a cidade. O alcalde cualificou o labor realizado por Luis Espada como “excepcional” destacando os seus estudos sobre o ruído ou sobre o tráfico “que lle quero agradecer”.