O Sergas fixa a data da OPE para un total de 277 prazas de varias categorías de enfermería especialista, fisioterapia e persoal de servizos xerais

Están convocados un total de 9.276 persoas aspirantes
Publicado por o día 23/01/2020 na sección de Sanidad,Xunta de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o lugar, data e hora da fase de oposición dos procesos selectivos correspondentes á convocatoria do ano 2019. En concreto trátase das probas para o acceso a un total de 277 prazas, das cales 126 corresponden á categoría de persoal de servizos xerais (quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral), 30 á categoría de enfermaría familiar e comunitaria, 18 a enfermaría pediátrica, 2 a enfermaría do traballo, 30 a enfermería especialista en saúde mental e 71 á categoría de fisioterapeuta.

No caso das categorías de enfermaría familiar e comunitaria, enfermaría pediátrica e enfermaría do traballo, trátase do primeiro proceso selectivo convocado polo Servizo Galego de Saúde para estas especialidades de enfermaría. Trátase do desenvolvemento do Decreto 81/2016, do 23 de xuño, polo que se crea no ámbito do Servizo Galego de Saúde a categoría estatutaria de persoal enfermeiro/a especialista.

En total resultaron admitidas 9.276 persoas das cales 7.530 corresponden á categoría de persoal de servizos xerais, 191 á categoría de enfermaría familiar e comunitaria, 187 a enfermaría pediátrica, 54 a enfermaría do traballo, 133 a enfermería especialista en saúde mental e 1.181 a fisioterapeuta.

As probas selectivas realizaranse no recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra). O sábado 8 de febreiro, en xornada de tarde, examinaranse os aspirantes das categorías de persoal de servizos xerais, enfermería pediátrica e enfermería familiar e comunitaria. O domingo 9 de febreiro en xornada de mañá, faráno os aspirantes das categorías de enfermaría do traballo, enfermaría de saúde mental e fisioterapeuta.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde recóllese a información das distintas portas de acceso ao recinto e a relación de aspirantes comprendidos en cada unha delas.