O Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar de Galicia celebra a súa segunda edición

Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

O Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar de Galicia celebra a súa segunda edición

Dous días para celebrar a música e o patrimonio marítimo de Vigo: o 7 e 8 de setembro o Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar de Galicia celebra a súa segunda edición. Música, actividades e área gastro.

O sábado 7, a partir das sete da tarde e de pago, cos concertos de Rocío Márquez, Y La Bamba, Mary Lattimore – Harpist, FAIA, Iko Cuyagua (gañadores concurso Estudios Mans) e unha artista máis por confirmar. Ademais, a ESAD de Galicia · Páxina oficial e o Conservatorio Superior de Vigo presentan “Escenas para unha viaxe submarina. Invitación ao mundo de Julio Verne”.

O domingo 8, actividades, visitas ao Museo e dous concertos de balde, un deles con Deva, a partir das 12:30 da mañá.

As entradas para sábado 7 de setembro xa están á venda a través de www.festival.sins.al a un prezo de 25 euros para persoas adultas e de 5 para menores de 16.

Como aconteceu na pasada edición, as persoas que adquiran entrada para o Sinsal SON Estrella Galicia Museo do Mar poderán acceder a unha prevenda exclusiva en 2020 para Sinsal SON Estrella Galicia (San Simón, Redondela), que se celebrará do 23 ao 26 de xullo. A correspondencia: entrada adulta por entrada adulta, menor por menor. Se mercas a entrada online, o teu correo electrónico será o teu código de acceso para esta prevenda; se a mercas o mesmo sábado 7 no Museo do Mar, lembra deixar o teu mail.

Con SON Estrella Galicia e Cultura galega – Xunta de Galicia
+ info e entradas: www.festival.sins.al