O Teatro Municipal de Tui acollerá esta semana os eventos previstos na programación “Volvemos á rúa”

Publicado por o día 17/08/2020 na sección de Galicia,Tui

O Teatro Municipal de Tui acollerá esta semana os eventos previstos na programación “Volvemos á rúa”

O Teatro Municipal de Tui acollerá esta semana os eventos previstos dentro da programación “Volvemos á rúa” ante a previsión de choiva que hai para os vindeiros días.  Tal e coma aconteceu xa onte co concerto de Roi Casal a actividade desenvolverase no Teatro con aforo limitado e protocolo de seguridade.

A primeira das citas será este mércores ás 21 h coa sección da madeira da Banda de Música Popular de Tui ofrecerá un concerto baixo a dirección de Eloy Carrera, O aforo está limitado a 100 persoas.
O xoves, tamén ás 21 h, a cita será coa danza co espectáculo “Baila con un vestido verde” da man de Pista Castro a Marta Alonso. O aforo aquí tamén é de 100 persoas.

Mentres o venres, ás 22 h, proxectarase a película de animación “Mascotas 2”. Neste caso a capacidade é para 150 persoas.

A entradas para estes espectáculos poden reservarse de forma gratuíta en enterticket.es até o mesmo día do evento ás 12 h ou até esgotar as prazas dispoñibles.