O Torneo Internacional de Mini Basket da Eurocidade reunirá a máis de 500 participantes

Participarán equipos de base de clubs de Portugal, Galicia e, por primeira vez no torneo, de Cabo Verde
Publicado por o día 20/03/2018 na sección de Galicia,Tui

O Torneo Internacional de Mini Basket da Eurocidade reunirá a máis de 500 participantes

Do sábado 24 ao luns 26 de marzo, a Eurocidade Tui-Valença acollerá unha nova edición do Torneo Internacional de Mini Basket, organizado polo Basket Club Valença, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Portuguesa de Baloncesto.

O pavillón municipal de Valença reunirá a máis de 500 participantes, 32 equipos de ata 14 clubs deportivos, procedentes de Portugal, como o Benfica, o Alfenense, o Beira Mar, o Coimbroes, o Olivais, o Viana, o Maia, o Guifoes, e o propio Basket Club Valença; de Galicia, o Club Baloncesto Tui, o Caselas, o Barco, e o Pavillón de Ourense; e por primeira vez, un equipo de Cabo Verde, o Assomada.

Pero os participantes non só xogarán partidos de baloncesto, xa que a organización ten preparadas outras actividades, como xogos lúdicos, actividades na piscina municipal, coa intención que os nenos e nenas poidan convivir entre eles no noso entorno.