O tradicional desfile de entroido “venres de foliada” terá lugar o día 1 de marzo

O prazo de inscrición será do 11 ao 15 de febreiro e o trámite deberá realizarse de forma telemática, a través da sede electrónica da páxina web do concello
Publicado por o día 05/02/2019 na sección de Galicia,Tomiño

O tradicional desfile de entroido “venres de foliada” terá lugar o día 1 de marzo

O Concello de Tomiño organizador do desfile de comparsas “Venres de Foliada” do ano 2019, abrirá o prazo de inscrición das comparsas dende o día 11 ao 15 de febreiro, ámbolos dous inclusive, e o trámite deberá realizarse de forma telemática, a través da Sede Electrónica da páxina web do Concello.

O desfile terá lugar o venres 1 de marzo ás 21.30 h. En caso de choiva realizarase o venres 8 de marzo á mesma hora. Se as condicións meteorolóxicas non permitisen a realización do desfile nestas datas, será a Concellería de Cultura a que determinará o aprazamento ou cancelación dos actos.

BASES DO CERTAME E FORMULARIO DE INSCRICIÓN:

Bases Venres Foliada 2019 Inscrición Venres Foliada 2019

Inscrición Venres Foliada 2019