O Único concerto en Galicia de Luke Winslow-King e toda a sua banda en formato eléctrico en Vigo

Publicado por o día 14/08/2019 na sección de Vigo,Cultura,Eventos,Galicia

O Único concerto en Galicia de Luke Winslow-King e toda a sua banda en formato eléctrico en Vigo

O vindeiro 8 de setembro volven os concertos do Ciclo Internacional de Blues “Mais que Blues” (Vigo). Nesta ocasión teremos a oportunidade de ver en directo por primeira vez en Vigo a Luke Winslow-King, un dos grandes talentos da música americana dos últimos anos, que ademáis estará acompañado por toda a sua banda: Chris Davis, Christian Carpenter, Randall Moore e o gran guitarrista Roberto Luti.

Luke Winslow-King procede de Cadillac, o norte de Michigan, de onde con 19 anos escapou para vivir a New Orleans e así empaparse de toda esa gran cultura musical que rodea a capital do Mardi Gras. É nesta cidade onde Luke atopa o seu propio rumbo no mundo da música, adoptando todos esos estilos que resoan en barrios como Tremé, onde bandas de Jazz,  Blues, Bluegrass, Folk e as Brass Bands impregnan de música os 365 días do ano cada local e cada cruce de camiños. Todas esas influencias podes atopalas na música de Luke e un claro exemplo o tes no seu último disco “Blue Mesa”, publicado a través do sello discográfico de Chicago, Bloodshot Records e onde volve deixar reflexo do seu gran facer como escritor e compositor. Será todo un privilexio ter a Luke e a sua banda en Vigo, ademáis este será o seu único concerto en Galicia ca banda completa e en formato 100% eléctrico!
Organiza: River Bucks A.C.

Número limitado de entradas anticipadas a 10€ en www.ataquilla.com discos Elepé e Honky Tonk discos (Vigo)

Entrada Taquilla: 15€

Recinto: Sala Rouge Calle Pontevedra nº 4  Vigo
Hora:  Apertura Porrtas 21:30H Concerto 22:00H
Prezo entrada Anticipada: 10€ – Precio Taquilla 15€