O venres 22 Vigo no seu Máis que blues acolle o concerto Tail Drangger

Será as 22:00H na SALA ROUGE
Publicado por o día 12/03/2019 na sección de Galicia,Cultura,Vigo

O venres 22 Vigo no seu Máis que blues acolle o concerto Tail Drangger
Mr Tail Dragger é hisoria viva do Blues, incluso o seu apodo foi posto polo grandioso Howlin Wolf. Pertence a extensa canteira de bluesmen xurdidos en Texas e creceu musicalmente baixo a influencia de bluesmen clásicos como Sonny Boy Williamson ou Boyd Gilmore. O directo de Dragger segue atraindo a públicos de todo o mundo, inmersos nesa mescolanza de fascinación, historia e realidade. É nos seus concertos onde rebrota toda a sua maxia e o seu sentido de humor, nunha continua interacción co público de inicio a fin. Será un dos 3 únicos concertos que dará en España, onde ademáis estará acompañado por Adrían Flores (Brasil) a batería, Nico Fami (Argentina) a guitarra e Adrian Jimenez (Argentina) a armónica, tres músicos que coñecen a perfeción a sua música e que dende anos xiran xuntos con Tail Dragger nos seus tours por Sudamérica.
VIDEOS:
SALA ROUGE – VIGO
VENRES 15 DE MARZO
APERTURA PORTAS 21:30H CONCERTO 22:00H
ENTRADAS ANTICIPADAS 10€ TAQUILLA 15€
VENTA: WWW.ATAQUILLA.COM TENDAS ELEPÉ E HONKY TONK DISCOS (VIGO)