Os autónomos de España pronuncian o seu berro de guerra nunha mobilización histórica e Vigo esta chamada ao berro

AUPA mobiliza e convoca ao colectivo de autónomos a saír á rúa na súa primeira concentración
Por o 06/02/2019 | Sección: Galicia,Protestas,Vigo
Os autónomos de España pronuncian o seu berro de guerra nunha mobilización histórica e Vigo esta chamada ao berro
Por mor das continuas subidas da cota de autónomos, un pequeno grupo de 5 emprendedores decidiron crear un grupo na rede social de Facebook no verán do 2017. Hai tan só uns meses constituíronse como asociación e na actualidade contan con máis de 42.000 autónomos nas súas plataformas.
 
Froito da indignación, o malestar e a asfixia sufrida como consecuencia do desamparo por parte das administracións e a sucesión de gobernos que trata de “entretelos” pregoando unhas “melloras” que, lonxe quedan de aliviar a situación dos 3.253.670 (dato do Ministerio de Traballo de España en setembro de 2018) de autónomos que existen en España.
 
Cansados de ser “a hucha do país”. Obrigados a pagar impostos abusivos e condenados a ter uns dereitos inexistentes que deixa moito que desexar nun país que alardea dun estado de benestar.
 
Esixen ser escoitados e unen as súas forzas nesta nova asociación creada e xestionada por eles mesmos.
 
O seu núcleo central (ao redor duns 30 emprendedores), dedican parte do seu tempo para xestionar toda a súa plataforma de forma altruísta e conseguiron mobilizar a todo o país, convocando reunións en todas as provincias de España e preparando a súa primeira e histórica mobilización para loitar polos seus dereitos e esixir unha vida digna.
 
Igualdade de dereitos entre os traballadores asalariados e autónomos, unha das súas reivindicacións entre as moitas que urxen ser revisadas.
 
Co seu “acabouse, non somos traballadores de segunda”, sairán á rúa con todas as súas forzas, e máis unidos que nunca.
 
Como símbolo, poderémolos ver cunha soga de aforcado a modo de lazo que, simula a situación de afogo á que lles somete o goberno.
 
-A.Ou. P.A concentrarase en Vigo o día 15 de febreiro.
 

Una respuesta para "Os autónomos de España pronuncian o seu berro de guerra nunha mobilización histórica e Vigo esta chamada ao berro"

  1. Amparo Martinez Paz   07/02/2019 at 9:23

    Por fin me siento representada y apoyada por una organización que reivindica unos derechos que cualquier trabajador merece. Presumimos de un estado de bienestar pero la realidad es otra y muy dura y los autónomos la estamos afrotando con mucha dignidad. La unidad hace la fuerza ¡AUPA!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.