A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, está a desenvolver unha campaña para sensibilizar á comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), e con este fin visitará cinco centros educativos lugueses ao longo desta semana.
O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta iniciativa, enmarcada na campaña xeral ‘O que se enchufa recíclase’ busca sensibilizar aos máis cativos na necesidade de realizar un tratamento axeitado deste tipo de residuos
A actividade desenvolverase no CEIP San Xoán de Becerreá e no CEIP Plurilingüe de Monterroso (día 8 de xaneiro); no CPI Ramón Piñeiro de Láncara (día 9 de xaneiro); e, finalmente, no CEIP Virxe do Carme de Burela e no CPR Pluringüe Martínez Otero de Foz (día 10 día de xaneiro)
A campaña traslada dunha maneira amena e moi didáctica a través das personaxes dos Bolechas, pautas e coñecementos para o correcto tratamentos dos residuos. Os nenos se convertan, a través do xogo e de material específico desta campaña adaptado á súa idade, nos maiores defensores do planeta, é dicir, fomarán parte da Real Orde do Movemento RAEE dos Bolechas, unha comunidade á que pertencer supón cumprir un decálogo con comportamentos e actitudes colectivas e individuais que deben poñerse en práctica no fogar e centro de ensino.
Seprarar con xeito nas principais feiras e mercados
Por outra banda, pero tamén no ámbito do fomento da reciclaxe, a Xunta ten previsto levar a tres eventos lucenses o stand da campaña separar con xeito, que organiza en colaboración con Ecoembes.
Nesta ocasión a iniciativa nace co fin de fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de plásticos, envases lixeiros, papel e cartón e sobre o xeito máis axeitado para facer unha correcta separación dos residuos.
Tamén se ten habilitado unha páxina web na que se pode consultar o calendario no que se recollen todos os eventos nos que terán lugar esta acción e a súa ubicación, así como consellos para reciclar.
Na provincia de Lugo o punto de partida nesta ocasión será o mercado de Lourenzá o próximo día 9 de xaneiro, o día 10 trasladarase ao mercado de Quiroga e, finalmente, o próximo día 13 de xaneiro, a campaña estará presente na carreira popular de Castro de Rei.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.