Os Caminhates do Condado renden homenaxe á N-120

Publicado por o día 04/09/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

Os Caminhates do Condado renden homenaxe á N-120

O vindeiro domingo día 9 de setembro a N-120 será escenario da primeira carreira por montaña que leva o seu nome. Deste xeito o Club de Montaña Caminhates do Condado converte en protagonista a esta estrada que cruza a cidade e da que toda a veciñanza da comarca garda algunha lembranza. O club organiza por vez primeira esta proba que formará parte do circuito Terra de Carreras da Federación Galega de montaña, coa idea de formar parte para o vindeiro ano da Copa Galega. 

Esta proba nace co obxectivo de consolidarse no calendario de Galicia de carreiras por montaña, dar a coñecer todo o valor da comarca e do concello de Ponteareas e xenerar un día de festa e convivencia co deporte ademais de fomentar a modalidade de carreiras por montaña sobre todo na categoría de féminas e de ofrecer unha actividade deportiva para todos os tramos de idades.

A proba foi presentada polo Concelleiro de Deportes, Benito Márquez, e por membros do clube Caminhantes do Condado, onde adiantaron  que a saída terá lugar na Praza Maior ás 08:30 horas para correr unha maratón de 40 km e 1750 metros de distancia. 

A carreira continuará pola rúa Calexa para seguir pola rúa dos Ferreiros ata enlazar coa N-120 e seguir pola senda do Tea ata o km 2 para cruzar pola urbanización da Freixa e dirixirse a Ribadetea, por sendeiros, montes e pistas atravesará esta parroquia ata chegar a curva da ferradura, dende aí km 4,8 comezará a subida por enriba da canteira de Cillarga ata chegar ao coto divisorio donde atoparán o primeiro avituallamento km 7. Dende este punto comezarán a baixar por uns cortalumes ata a área recreativa de Xinzo para meterse de cheo nos montes de Xinzo km9 e comezar cunha longa subida de casi 3 km que atravesará Chan das Pousas, pasará por unha antiga caseta de vixianza (489m) e culminará no coto de Bragán 8541m), km 12,3 de carreira. No segundo avituallamento separarase a maratón da andaina de 23 km que ofrece a organización e que arrancará dende a Praza Maior ás 09:00 horas. A partir deste segundo avituallamento correrán dirección Ponteareas ata a canteira de Cillarga e logo do terceiro avituallamento vovlen ata a meta no caso da andaina. A maratón pola súa banda subirá ao Salgueirón (621,) km 14 de carreira e logo de percorrer a ladeira do Galleiro volverá a Ponteareas uníndose coa andaina no cuarto avituallamento para entrar en Ponteareas pola baixada de San Gregorio ata a Praza Maior.

Os organizadores tamén dan a opción de participar nunha andaina de 23 km que arranca á 09:00 horas.

As inscricións deberán facerse na páxina https://championchipnorte.com

Para obter maior información entrar na páxina web dos Caminhantes do Condado www.caminhantesdocondado.es/trail-N120

Benito Márquez destacou “o traballo e a boa organización que os Caminhantes do Condado levan a cabo sempre en cada proba que realizan, sendo un dos colectivos deportivos que máis eventos celebran na nosa vila. De seguro esta nova carreira da mán deles é todo un éxito”.