O Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) organiza a conferencia final do proxecto europeo PrimeFish, un evento internacional que virará ao redor dos desafíos do mercado de produtos do mar e que reunirá na sede Afundación en Vigo o próximo 30 de xaneiro a representantes de todas as partes interesadas neste sector.
Con financiamento do programa europeo Horizonte 2020, a Fundación CETMAR e os seus socios en PrimeFish traballaron no últimos catro anos da man de responsables políticos e da industria, analizando a cadea de valor dos produtos do mar en máis de dez países e desenvolvendo estudos sobre o comportamento dos consumidores en España, Francia, Italia, Alemaña e Reino Unido.
Ademais da intervención dos expertos das diferentes institucións que traballaron en PrimeFish, a conferencia final inclúe unha mesa redonda coa participación dos directores executivos de empresas como Nova Pescanova ou Icelandic Ibérica, na que se debaterá sobre os desafíos do sector dos produtos do mar.
A inscrición para participar na conferencia está xa aberta a través da páxina web do proxecto.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.