Os Peixes e o Clima: Unha conversa coa investigadora Elena Ojea

Publicado por o día 09/10/2019 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

Os Peixes e o Clima: Unha conversa coa investigadora Elena Ojea

Seguindo coa nosa preocupación polo divulgación dos efectos do cambio climático, o Ateneo Atlántico queren sempre centrarse nos efectos máis achegados e particulares que este fenómeno terá para a nosa terra e a nosa economía. Por iso xorde a pregunta, como afectará a mudanza do clima na pesca nos nosos mares?

Para trata-lo tema, invitamos como relatora á doutora Elena Ojea, unha moza investigadora da Universidade de Vigo e receptora da prestixiosa bolsa “Starting Grant” da Unión Europea. Na charla, revisaremos as últimas evidencias científicas sobre os impactos do cambio climático no mar, e afondaremos nos efectos que se observan para a pesca. En concreto, veremos como os peixes están a respostar ao aumento da temperatura da auga do mar, e as implicacións que estas mudanzas teñen para a actividade pesqueira. Por último, afondaremos nos procesos de adaptación aos cambios que acontecen a nivel de individuos e grupos de persoas, destacando os plans e medidas que será necesario facer para encamiñar este futuro baixo o cambio climático.

  • Doutora Elena Ojea é unha investigadora da Universidade de Vigo, onde lidera o grupo de investigación sobre os océanos futuros e desenvolve o proxecto CLOCK (Climate Adaptation to shifting stocks). Elena é licenciada en Ciencias Ambientais e doutorada en economía, e ten experiencia post-doutoral no centro vasco de cambio climático (BC3), e na Universidade de California Santa Barbara onde é investigadora visitante na escola de ciencias e políticas ambientais (Bren School for Environmental Science and Policy). O grupo dos océanos futuros (Future Oceans Lab) é un grupo novo de xente moi activa e multidisciplinar que fai investigación en xestión sostible e adaptativa dos sistemas mariños, incluída a comunidade social.

A palestra terá lugar o Xoves, 10 de outubro ás 19:30h na Sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, na súa entrada da rúa da Oliva nº3.


Respostas ao cambio climático nas comunidades pesqueiras
Unha charla coa investigadora Elena Ojea
Xoves 10 outubro · 19:30h
Sede do Parque Nacional Illas Atlánticas · r/Oliva 3 (Vigo)