Os sindicatos do Hospital de A Coruña presentan unha denuncia xudicial pola situación das urxencias

Publicado por o día 04/01/2018 na sección de Sanidad

Os sindicatos do Hospital de A Coruña presentan unha denuncia xudicial pola situación das urxencias

Reproducimos aquí a denuncia xudicial da comisión de centro hospitalaria ante a inaceptable situación das urxencias do hospital de A Coruña.

A dirección do sergas non aprende, insiste en non substituír en atención primaria, en bloquear as axendas de citas deixando aos pacientes sen médico e sen abrir todas as camas dispoñibles (hai unha planta libre no Maternoinfantil que precisa preparala para recibir pacientes, agora non se pode utilizar tal como está).

Chega un resfriado e empezan os colapsos das urxencias, chega a gripe e aparece o CAOS. Non se prevé melloría da situación xa que o pico da epidemia de gripe está empezando e presiblemente durará aínda 1-2 semanas.

Temos que movernos para defender a NOSA sanidade pública. SOS Sanidade Pública realizará unha concentración en cada comarca galega o día 24 de xaneiro (na Coruña será no Obelisco ás 8 da tarde) e unha manifestación galega o domingo 4 de febreiro que sairá ás 12 da mañá da Alameda.

Denuncia xudicial da comisión de centro do hospital de A Coruña_3xaneiro2018