Pisando Forte, para mellorar a empregabilidade da mocidade

A Concellería de Xuventude oferta 240 prazas en catorce cursos guiados polos valores do feminismo, ecoloxismo, integración e novos hábitos de vida
Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Pisando Forte, para mellorar a empregabilidade da mocidade

A Concellería de Xuventude, dirixida por Alberto Oubiña, pon en marcha unha nova edición de Pisando Forte co obxectivo de mellorar a empregabilidade e a inserción laboral da mocidade. Trece cursos e obradoiros -incluíndo os cinco da Escola municipal de Igualdade para a mocidade- sustentados en catro piares fundamentais: feminismo, ecoloxismo, integración e novos hábitos de vida. 

O concelleiro de Xuventude presentou hoxe a programación de Pisando Forte 2018, que se vai a desenvolver no último trimestre do ano. A formación vai dirixida, de entrada, a mozos e mozas de 16 a 35 anos, interesadas/os en procurarse novas ferramentas de acceso ao mundo do traballo. Porén poden preinscribirse persoas de máis idade xa que entrarán nos cursos se sobran prazas. En total, os trece cursos ofertan 240 prazas de formación.

Para todos os obradoiros -que son gratuítos-  o período de preinscrición comeza hoxe mesmo 7 de setembro. Confeccionarase a listaxe de persoas seleccionadas tendo en conta os criterios de acceso e procederase a comunicarlles a súa inclusión para a formalización da inscrición defnitiva.

PREINSCRICIÓN

En http://apuntate.pontevedra.gal
Se non tes acceso a Internet ou tes dúbidas, podes dirixirte á Oficina de Xuventude de 9.30 a 14 horas na Casa da Luz, praza da Verdura s/n, 1o tel. 986840367 
xuventude@pontevedra.gal http://xuventude.pontevedra.gal

OFERTA

Cursos Pisando Forte:

  • Carné de manipulador de alimentos e normativa de alerxias e intolerancias (2).
  • Agricultura ecolóxica. “Unha horta no balcón”.
  • Educación ambiental e compostaxe.
  • Iniciación á lingua de signos (certificado A1)
  • Comunicación e lingua de signos (certificado A2)
  • Bos hábitos de alimentación. De que nutres a túa vida?
  • Community Manager. Iniciación

Escola municipal de Igualdade para a mocidade

  • Curso de Igualdade e xénero no deporte
  • Obradoiro de autodefensa feminista e empoderamento (2)
  • Curso de oratoria dende a perspectiva de xénero
  • Obradoiro de fotografía e autoimaxe. Namórate de ti.

Alberto Oubiña subliñou as características das propostas de Pisando Forte: formación impartida en lingua galega, rigoroso control de asistencia e proba final de avaliación (co fin de que os cursos podan engrosar o curriculum) e formación gratuíta, aínda que na información de cada curso consta o custo real que ten a praza. Xa que os cursos son de balde, o concelleiro fixo un chamamento á responsabilidade, ao compromiso coa asistencia xa que hai persoas que poden quedar na listaxe de agarda.

Folleto