O Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, na capital provincial, acollerá seis novos obradoiros ao abeiro do programa “SmartPeme” da institución provincial. “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
O primeiro curso que acollerá a oficina “SmartPeme” de Pontevedra en febreiro será “Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope…”, o martes 6 de febreiro. Pola súa banda, dous días despois, o xoves día 8, impartirase “A túa páxina web en menos de 90 minutos”. A terceira quenda terá lugar unha semana despois, o xoves día 15, con “Google Analytics: Iniciación á analítica WEB”. Tras ela, a seguinte será o luns 19 de febreiro, cando celebrarase o curso “Grava e monta vídeos profesionais co teu Smartphone”. Para rematar a actividade deste mes de febreiro, o mércores 21 terá lugar o curso “Crea os teus propios informes: Google Data Studio” e o martes 27, “Aprende a promocionar a túa empresa con Pinterest.” A oficina “SmartPeme” de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.
Lembramos que o novo proxecto “SmartPeme“, en palabras da presidenta da Deputación, Carmela Silva, “é un novo modelo de servizo orientado á mellora competitiva das pemes e á procura dunha melloría nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas, que abre novos campos de actuación e alcanza novos grupos de interese coma as e os emprendedores, as asociacións empresariais e as e os axentes de dinamización en concellos”. Para isto, nas oficinas de “SmartPeme” no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo hai itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial das e dos asesores en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores e emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pemes e, tamén, impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.