O Concello de Pontevedra, a través da Concellería de Igualdade que dirixe Carme Fouces, pon en marcha unha nova liña de traballo básica e estratéxica, que atravesará a acción municipal en todos os eidos, co fin de empurrar cara o derrube do patriarcado; favorecer a vida en igualdade das persoas lesbianas, gais transexuais e doutros colectivos respectando a súa diversidade sexual e de xénero; promover, defender e garantir os dereitos do colectivo LGTBIQ+ ; favorecer a súa visibilización e promover a empatía de todos os pontevedreses e pontevedresas coa diversidade.
Cando “estamos a vivir un rearme do sistema patriarcal que están tentando varrer e combater os avances do feminismo -que hoxe en día non se entende sen a diversidade de raza, de xénero ou de sexo-“ e hai que “responder e dar a cara”, reflexiona a concelleira de Igualdade. Carme Fouces presentou o programa Pinto e Maragota pola diversidade sexual, cuxo pistoletazo de saída vai a ser a xornada “A diversidade sexual nas aulas. Materia pendente?” que terá lugar o sábado 19 de xaneiro no Pazo da Cultura.
Pinto e Maragota vai máis alá do que se entende por un programa municipal. Inclúe accións formativas, de visibilización, de lecer (vermú-faladoiros, clubs de lectura, cinefórum,..) e obradoiros e tamén atención baixo demanda de persoas de colectivo LGTBIQ+ e familias; apoio á formación da Policía Local para atención da diversidade sexual e fronte a LGTBIQfobia; a posta en marcha dun Observatorio LGTBIQ+, etc. Haberá accións xerais, dirixidas a toda a veciñanza e tamén accións específicas nos centros educativos e no rural. Ademais Pinto e Maragota contará cunha web – www.pintoemaragota.gal- e redes propias (facebook e instagram).
Pontevedra é unha cidade “tolerante, respectuosa e acolledora” lembrou a concelleira Carme Fouces quen non dubida da boa acollida da proposta.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.