Prepara o teu vehículo

Publicado por o día 18/05/2019 na sección de Motor

Prepara o teu vehículo

Probablemente, neste días festivos ou mesmo no período vacacional fagas algún desprazamento. Co obxectivo de garantir a túa seguridade, lembramos facer uso dos seguintes consellos:

  • Fai unha revisión ao teu vehículo: asegúrate de que está en perfecto estado
  • Antes de emprender a viaxe, e máis se as condicións meteorolóxicas non son as mellores, consulta a través dos medios de comunicación convencionais e mesmo nas páxinas web de referencia (www.axega112.org(Ábrese nunha nova xanela)) o estado das estradas
  • Lembra descansar cada dúas horas
  • Respecta os límites de velocidade
  • Evita calquera distracción mentres conduces: GPS, móbil, etc.