Nos vindeiros días, mediante 3 actos moi diversos, presentarase á cidadanía “Vigo Industrial” un proxecto multidisciplinar que procura un triple obexitivo:
– crear un coñecemento científico amplo e profundo sobre o conxunto do Patrimonio Industrial da Ría Vigo.– coadxuvar na creación dunha memoria e identidade colectiva arredor do mesmo.– servir como catalizador e ferramenta para a acción cívica e cultural sobre o conxunto deste Patrimonio ou algúns dos seus elementos .
1º Acto)
O vindeiro mércores 31 de xaneiro, ás 19:30, no “Auditorio do Centro do Parque Natural das Illas Atláticas” (r/ Oliva nº 3):
Presentación da web www.vigoindustrial.com, e en particular o “Catálogo do Patrimonio Industrial da Ría de Vigo”.
2º Acto)
O xoves 1 de Febreiro, continúa a presentación de “Vigo Industrial”, coa inaguración da exposición de Uxío Reinoso “Sumideirografías“: impresións de tapas de sumidoiro sobre papel reciclado de fabricación propia.
Ás 20 horas, no Tinta Negra (r/ Irmandiños 2), haberá unha breve charla sobre a técnica empregada, así como sobre as historia que as tapas de sumidoiros nos contan.
3º Acto)
Por último, o mesmo xoves 1 de Febreiro, a partir das 21:30, na “Sala Magnética” (r/ Irmandiños nº 3) “Sesión HALO: improvisación musical e visual”
As sesións HALO son un espazo de creación e improvisación: nesta ocasión a sesión adoptará o nome de “Vigo Industrial”.
Dous baixos (Iago Alvite e David Santos), un contrabaixo (Saúl Puga), moita cacharrrada e Laura Iturralde pinchando a metraxe de José Gil, “Talleres Alonarti”, (1928) trasladarannos a idade de ouro da industrialización viguesa.
Entrada 4 €.
Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.