Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018 (código de procedemento BS410A).
Publicado por o día 07/02/2018 na sección de Galicia

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2018 (código de procedemento BS410A).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos, así como a convocatoria destas axudas para o ano 2018.
Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2018 (nados entre o 2.1.2015 e o 1.1.2018, incluídos) e que, durante o ano 2016, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estaren obrigadas a iso.
No caso de fillas ou fillos adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2016 e o 31 de decembro de 2017, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou o acollemento.
Prazo de presentación dende o 01/02/2018 ata o 21/03/2018

DOGA

DPTO BENESTAR SOCIAL
CONCELLO DE GONDOMAR