Criaturas: Beethoven + Mendelssohn – Sábado 12 de outubro ás 20:30 no Teatro Afundación
Este sábado 12 de outubro, ás 20:30, a Orquesta Clásica de Vigo ofrecerá o cuarto concerto da tempada de abono.
O concerto será no Teatro Afundación de Vigo e levará o nome de “Criaturas: Beethoven+Mendelssohn”, e nel ofreceremos un programa que presenta unha estrutura de ida e volta á base da confrontación que busca destacar as conexións musicais entre obras de distintas xeracións: L. Beethoven e F. Mendelssohn.
O concerto comeza coa Abertura das Criaturas de Prometeo, op. 43, de onde tomamos o nome, pois Prometeo é o responsable da transmisión do lume. Tras esta abertura chegará o momento de Jorge Abreu Seoane, que interpretará o Concerto para piano n.º 1 en en sol menor op. 25, de Felix Mendelssohn.
Este concerto remata interpretando a Sinfonía n.º 4 en si bemol maior, op. 60, de Ludwig van Beethoven, unha das sinfonías máis descoñecidas deste xenial autor.
Con este concerto queremos anticipar e dar comezo ao 250 aniversario de Beethoven, poñendo en valor a súa pegada imborrable.
Programa concerto sábado 12 de outubro
Die Geschöpfe des Prometheus (Abertura) op. 43, de Ludwig van Beethoven
Acceso: Entradas dende 5€ en Ataquilla.com e na taquilla do teatro.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.