‘Recoméndoche un libro’, impulsado por @festivaldecans, e que ten a Biblioteca Municipal do Porriño coma colaboradora, convocan o III Concurso ‘O Ollo de Vidro’

Publicado por o día 25/01/2018 na sección de Galicia,O Porriño

‘Recoméndoche un libro’, impulsado por @festivaldecans, e que ten a Biblioteca Municipal do Porriño coma colaboradora, convocan o III Concurso ‘O Ollo de Vidro’

As entidades organizadoras do proxecto “Recoméndoche un libro”, entre as que figura o Festival de Cans e a Biblioteca Municipal do Porriño, coma colaboradora, convocan o III concurso “O Ollo de Vidro” para premiar os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto.

Poderán participar no concurso, cuxas bases poden consultarse premendo aquí, todas aquelas persoas e colectivos que o desexen enviando un vídeo ao enderezo de correo electrónico: [email protected].

Os traballos audiovisuais, que poderán tratar sobre calquera libro ou tema e non poderán superar os 3 minutos de duración, terán que estar en galego, e poden abranguer  críticas literarias, booktrailers, booktube ou calquera tipo de proxecto audiovisual dirixido á animación lectora.