Redrum Teatro levará aos escenarios a historia de Invisibles. Un libro de Montse Fajardo que narra 7 casos reais de violencia de xénero. A estrea desta peza foi o 15 de novembro no Teatro Principal. O obxectivo da compañía é crear un espectáculo que active ao espectador. Este xoves día 2 de maio se poderá ver, será no Teatro Principal ás 21:30.
O libro de Montse Fajardo, ten sete historias reais de violencia machista que narra esta obra da xornalista vilagarciá. Fajardo puxo como único requisito o respecto polas mulleres e familias que saen reflexadas en Invisibles. Son 3 as actrices que protagonizarán esta peza, Sheyla Fariña, Nieves Rodríguez e Mela Casal. Mulleres de diferentes xeracións que tentarán plasmar un anaco de cada unha das historias que se agochan en Invisibles. A directora desta obra será a tamén actriz Mariam Bañobre quen ten claro que a acción social do teatro é imprescindible a día de hoxe.
Para a autora deste libro é un auténtico luxo que esta peza chegue aos escenarios…
Poden mercar aquí os seus boletos https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/teatro-principal-de-pontevedra/9993–invisibles.html?session=13316&block=64536#main
Próximamente
3 maio – AS PONTES
18-19 maio – SANTIAGO (Salón Teatro)
21 setembro – CANGAS
27 setembro – LALIN
29 setembro – A ESTRADA
6 outubro – CAMBADOS
20 outubro – POIO
26 outubro – A CORUÑA (Teatro Rosalía)
27 outubro – BUEU
1 novembro – RIVEIRA
2 novembro – MUXÍA
8 novembro – OROSO
9 novembro – BERGONDO
15 novembro – MUGARDOS
16 novembro – ZAS
17 novembro – OUTES
21 novembro – SANTA COMBA
22 novembro – VIGO (auditorio)
23 novembro – TEO
24 novembro – TOMIÑO
26 novembro – CALDAS DE REIS
29 novembro – NEDA
30 novembro – PALAS DE REIS
1 decembro – BOQUEIXÓN
8 decembro – PONTEAREAS
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.