Os xardíns da Saleta, en Meis e Quinteiro da Cruz, en Ribadumia , obtiveron a distinción de Xardíns de Excelencia Internacional durante o transcurso do Congreso Internacional da Camelia que ten lugar do 25 ao 29 de marzo en Nantes, Francia.
As novas noticias elevan a catro os Xardíns de Excelencia Internacional cos que conta Pontevedra, que ademais é a única provincia española que goza destes certificados. Os recentemente chegados súmanse aos dous existentes do pazo de Rubianes (Vilagarcía de Arousa), e o do castelo de Soutomaior.
Ademais, é destacable sinalar que excepto o de Soutomaior, todos pertencen á comarca do Salnés, o que permite fortalecer tanto o patrimonio deste “xeodestino”, como o seu valor cultural e paisaxístico.
Para a obtención deste certificado traballouse en equipo. Desta maneira, para a clasificación botánica os pazos contaron co apoio da Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), dependente da Deputación de Pontevedra.
Entre as persoas integrantes da EFA que participaron no congreso estaban presente o xefe de servizo, Pedro Mansilla, a técnica Pilar Vela e a adxunta do xefe de servizo Carmen Salinero, encargada de defender as candidaturas en Francia.
Entre outras actividades que realizaron, o equipo participou ata en seis comunicacións e tres reunións de coordinación a nivel internacional, ademais do seu traballo xunto co Comité pola Conservación da Camelia Histórica, no que colaboran investigando e rexistrando aquelas variedades con máis de 100 anos.
Europa lidera o ránking cun total de 22 no que España grazas a Pontevedra goza de catro
En total foron seis os xardíns que obtiveron dita distinción. Dos outros catro, dous eran de Gran Bretaña, un de Portugal e outro de China, sumándose ao medio centenar de xardíns que gozan de tal certificado. Europa lidera o ránking cun total de 22 no que España grazas a Pontevedra goza de catro. O resto repártense entre Asia, con 18, América con 7 e Oceanía
con 6.
Entre os requisitos para aspirar ao desexado título solicitábase que fosen espazos ben organizados onde a camelia fose a principal flor, accesibles ao público de forma regular, e que existise un rexistro de camelias identificables cun mínimo de 200 variedades. Tras cumprir os obxectivos, os nomeamentos galegos poden presumir ademais de non obter ningún voto en contra.
Na actualidade, estes catro xardíns de Pontevedra forman parte da Ruta da Camelia de Rías Baixas xunto con outros cinco pazos.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.