O Concello de Ribadumia informa de que o sábado 19 de outubro é o día elixido finalmente para a celebración da IV Festa do Deporte do municipio.
Indicar que o xurado, conformado por membros do Concello, das entidades deportivas e dos medios de comunicación da comarca, xa se reuniu e deliberou sobre a valoración de méritos das candidaturas propostas e a elección dos finalistas a Mellor Promesa de Ribadumia, tanto masculina como feminina; mellores deportistas do municipio, tamén en ambas categorías; mellores deportistas masculino e feminino pertencentes a un club do concello; mellor equipo, tanto de homes como de mulleres; mellor club e mellor adestrador; mérito deportivo, medios de comunicación e patrocinadores. (Achegamos no outro documento a relación de finalistas).
Deste xeito, o vindeiro 19 de outubro daranse a coñecer os galardoados desta cuarta edición dunha festa coa que o Concello busca recoñecer ós e ás deportistas e entidades que, co seu traballo e esforzo diarios, promoven os valores do deporte e levan o nome de Ribadumia alí por onde pasan. A gala terá lugar a partir das 20:00 horas no Auditorio Municipal.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.