RUBIO continúa a súa aposta pola diversidade lingüística coa súa colección de cadernos ‘Vacacións Galego’

A colección está composta por seis cadernos para reforzar os coñecementos de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos
Publicado por o día 16/05/2018 na sección de Cultura,Educación

RUBIO continúa a súa aposta pola diversidade lingüística coa súa colección de cadernos ‘Vacacións Galego’

RUBIO, a afamada editorial de cadernos didácticos, continúa a súa aposta pola diversidade lingüística e cultural co lanzamento da súa primeira colección de cadernos en galego. ‘Vacacións Galego’ xorde ante a crecente demanda de docentes e país da Comunidade de materiais na súa lingua propia.

“Para nós é sumamente importante escoitar e analizar as necesidades de pedagogos, docentes e familias á hora de desenvolver todo o noso material de reforzo”, sinala o director xeral de RUBIO, Enrique Rubio. “Isto levounos a comprender a importancia de crear materiais adaptados para comunidades que, coma Galicia, a Comunidade Valenciana e Cataluña, contan cunha lingua propia cunha forte penetración. É unha riqueza que hai que coidar e preservar sempre”.

Neste sentido, esta nova liña de cadernos en galego súmase ás xa existentes de cadernos en valenciano e catalán. De feito, cada un destes lanzamentos logrou espertar rapidamente o interese da distribución, como ocorreu nesta ocasión con Vacacións Galego, dado que se trata dun produto con alta demanda en época estival.

‘Vacacións Galego’ está composto por un total de seis cadernos destinados a reforzar os coñecementos de nenos e nenas de entre 5 e 11 anos, especialmente pensados para que asenten de forma divertida o aprendido durante o curso.

Son uns cadernos deseñados para que alumnos manteñan o hábito de traballo adquirido e, ao mesmo tempo, poidan asentar os coñecementos adquiridos durante o curso en tres das áreas educativas máis importantes: Linguaxe, Matemáticas e Ciencias Naturais e Sociais, sempre mediante exercicios divertidos, debuxos e xogos. Porque a mellor maneira de aprender, e máis en vacacións, é xogando!

A colección ‘Vacacións Galego’ de RUBIO chega nun cómodo formato A4 e está dispoñible nos puntos de venta habituais da editorial e na páxina web da marca rubio.net, cun PVP recomendado por unidade de 5,95 €.

RUBIO nace hai máis de 60 anos da man de Ramón Rubio e é a editora dos afamados cadernos didácticos baseados en potenciar a plasticidade do cerebro, a través do desenvolvemento das competencias básicas, coma a escritura e o cálculo. Dende a súa fundación, RUBIO vendeu máis de 300 millóns de exemplares de cadernos, que acompañaron a seis xeracións de españois. A firma dedica gran parte dos seus esforzos á Fundación Cadernos RUBIO, unha entidade sen ánimo de lucro de carácter educativo, cultural e solidario.