Gatiños da Rúa Vigo vén manifestar na rede social Facebook unha información á disposición da cidadanía, noticiasvigo.es fíxose eco da devandita información a cal publica no día de hoxe para os seus lectores e lectoras.
Sabedes que os animais rueiros ou abandonados son responsabilidade dos Concellos? E que por tanto calquera gasto que paguedes relacionado con iso pódeselle reclamar ao Concello, así arincaba a información.
Propoñémosvos que se atendedes a un gato que necesite ser levado a urxencias, asistencia veterinaria ou simplemente atendido (alimentación, esterilización, desparasitación…) cando paguedes, pidades factura a nome do Concello de Vigo (Cif: P3605700 H Pza. do Rei 1, 36202 Vigo) e presentedes por rexistro un escrito reclamando o importe por ser a súa responsabilidade e que de forma subsidiaria ti atendiches.
Presentar por Rexistro é tan fácil como levar a factura co escrito e entregalo en REXISTRO XERAL. Para evitar futuros desprazamentos é mais sinxelo darse de alta no “Cartafol Cidadá” solicitando un usuario (unha clave) que podes pedir en https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/cc_sol_clave.jsp?lang=ga&fbclid=IwAR2uKeZ1zWTTg5jjIHghaLkzUsaLVSCGG7ibrKZPHAvIIAAI67PVtYFYR8A e recoller no Concello, podendo así presentar escritos a través da web.
“Quizais se todos facémolo, conseguimos unha maior preocupación por parte do goberno do Concello de Vigo no coidado das súas responsabilidades”, manifesta Gatiños da Rúa Vigo.
Gatiños da Rúa Vigo da as grazas a todxs lxs que na nosa cidade atendedes aos Gatiños dá rúa que tanto vos necesitan.
O post
¿Sabéis que los animales callejeros o abandonados son responsabilidad de los Ayuntamientos? Y que por tanto cualquier…
Publicada por Gatiños da Rúa Vigo en Lunes, 6 de enero de 2020
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.