🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Concello de Oia reparte 15 novos composteiros entre a veciñanza

O Concello de Oia continúa co seu programa de promoción da compostaxe doméstica, nesta ocasión a través da entrega de 15 novos composteiros individuais que se porán a disposición da veciñanza. As persoas interesadas en solicitar un destes novos composteiros deberán inscribirse no Concello de Oia formalizando a correspondente solicitude, para o que dispoñen de […]

Evolucionan favorablemente os tres traballadores ingresados tras o accidente dun autobús en Oia

A Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu ás 22.55 horas do día de onte, 8 de setembro, unha chamada de demanda sanitaria polo accidente de tráfico dun autobús no concello de Oia. Ata o punto mobilizáronse tres ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado, os equipos sanitarios dos PAC da Guarda e Nigrán […]

Vuelca en Oia un autobús con una treintena de trabajadores de PSA

Cerca de las 23.00 h de esta noche, se producía un fatal accidente de tráfico en la PO-552 a la altura de Mougás. Un autobús ATSA que transportaba a trabajadores de PSA en dirección A Guarda, perdía el control del vehículo al cruzarse en la calzada e impactar contra un caballo. Hasta el momento se […]

Unha muller foi rescatada tras esvarar nunha rochas próximas ao mar, en Oia

Unha muller foi rescatada en Oia despois de esvarar nunhas rochas próximas ao mar na parroquia de Mougás. A dificultade para acceder á ferida obrigou a intervir aos Bombeiros do Baixo Miño e aos membros do GES da Guarda, que sacaron á muller da zona e facilitaron a asistencia por parte do servizo sanitario. En concreto, a […]

O Concello de Oia formaliza a compra dos terreos do antigo camping Pedra Rubia

O Concello de Oia adquiriu os terreos do antigo camping Pedra Rubia para recuperalos e destinalos a unha área de lecer e deportiva. Este xoves a alcaldesa, Cristina Correa, formalizou ante notario a escritura de compravenda da parcela correspondente a 17.012,90 metros cadrados, situados na zona do Aguncheiro (Mougás) en solo rústico común, a carón […]

Un parapentista ileso ao engancharse o aparello que manexaba nun farol en Oia

Un parapentista resultou ileso esta tarde despois de que o aparello que manexaba se enganchase nun farol en Oia. O accidente tivo lugar nas proximidades do Mosteiro de Santa María, ao fío das 15:20 horas. Nese momento, o propio involucrado no incidente contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido. No seu relato indicaba […]

Oia adhírese ao programa de Vivendas Baleiras e crea os rexistros para ofertantes e demandantes de vivenda

O Concello de Oia adheriuse ao programa de Vivendas Baleiras da Xunta de Galicia, que ten por obxectivo poder destinar a alugueiro social vivendas desocupadas, sexan de propiedade pública ou ben privada. Grazas a este programa, as persoas titulares de vivendas baleiras poden ofertar a súa vivenda con garantías e, ao mesmo tempo, se lle […]

Ferido un operario ao caer dunha estada en Oia

Un operario resultou ferido esta mañá en Oia despois de precipitarse dende un andamio no lugar de Pedornes, en Oia. Os feitos sucederon ao redor das 12:05 horas. O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi quen alertou ao 112 Galicia do ocorrido. Acto seguido, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento […]

Ludoteca de entroido en Oia para nenos e nenas de 3 a 12 anos

O CEIP Mestre Manuel García acollerá unha ludoteca de entroido para facilitar a conciliación familiar durante os días de vacacións escolares. A iniciativa está organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar e conta coa colaboración do Concello de Oia. As actividades están orientadas aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Do 24 ao […]

Cores Tourís comproba o remate da obra de mellora do camiño Santa Comba a Loureza no concello de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, comprobou esta mañá, en compaña da alcaldesa de Oia, Cristina Correa, e do xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, as obras executadas por este municipio a través do Plan de Infraestruturas Rurais 2019 na estrada que vai de Santa Comba a Loureza. O […]

Envellecemento activo e patrimonio, a nova proposta do Concello de Oia para as persoas maiores

O Concello de Oia programa unha nova proposta para as persoas maiores do municipio, neste caso un obradoiro sobre envellecemento activo e patrimonio que se impartirá en dous grupos: un en Torroña e outro en Loureza. A iniciativa trata de combinar actividades lúdicas, participativas, de reforzamento da autoestima e da autonomía persoal co aproveitamento e […]

Executan actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do Río Peitán ao seu paso polo Concello de Oia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no treitos interurbanos do río Peitán, ao seu paso polo municipio de Oia. Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos deste río no seu percorrido polos lugares Barrios da Granxa e Bragadela, na parroquia de […]

Nenos e nenas de Oia analizan a imaxe da muller nos medios nun proxecto de igualdade organizado polo Concello

O alumado de segundo ciclo de educación infantil e de primaria dos dous colexios de Oia veñen de participar nun proxecto de igualdade que, baixo o título “como aparecemos representadas nos medios”, analizou e debateu sobre o tratamento que os medios de comunicación dan ás mulleres. A iniciativa socioeducativa desenvolveuse ao longo de varias sesións […]

A mancomunidade do Baixo Miño pide á xunta que solucione a continuidade de dúas persoas no Centro San Xerome Emiliani

A Mancomunidade do Baixo Miño pide á Xunta que solucione a continuidade de dúas persoas no Centro San Xerome Emiliani. Os representantes dos concellos de Oia, A Guarda, O Rosal, Tui e Tomiño reuníronse con este fin co Director Xeral de Maiores e Persoas con DiscapacidadeConsellería de Política Social co Director Xeral de Maiores e […]

O Concello de Oia promove a difusión de historias, tradicións e gastronomía local a través dun vídeo de cociña interxeracional, onde se pode ver a veciños e veciñas de distintas idades preparando receitas típicas da zona. O traballo será presentado o día 23 de decembro, dentro da Semana Cultural de Mougás. O audiovisual, elaborado por […]

O Concello de Oia presenta este venres un libro sobre os cruceiros, cruces e almiñas do municipio

O Concello de Oia presenta este venres o libro titulado Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño II. Concello de Oia, do historiador Xoán Martínez Tamuxe. O acto comezará ás 19.30 horas e forma parte da programación da Semana Cultural de Mougás que organiza a Asociación Veciñal. Cruceiros, cruces e almiñas do Baixo Miño II. […]

O Concello de Oia reforma e mellora a accesibilidade das Escolas de Loureza

O Concello de Oia vén de acometer as obras de reforma e mellora da accesibilidade do local das antigas Escolas de Loureza, unha actuación desenvolvida ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As obras consistiron na unificación, nun só local, dos dous edificios de escolas existentes. Así, tiráronse paneis, reforzouse a estrutura e […]

Campamento de navidad en Oia para niños y niñas de 3 a 12 años

El CEIP Mestre Manuel García de Oia será el anfitrión de un campamento navideño para niños de entre 3 y 12 años, una actividad organizada por Ma Nunú Conciliación Familiar y Talleres y con la colaboración del Ayuntamiento de Oia. El campamento se desarrollará del 23 de diciembre al 7 de enero por la mañana […]

O Concello edita un libro dos Bolechas enfocado á igualdade e diversidade

O Concello de Oia vén de editar un novo libro dos Bolechas, unha historia creada ad hoc coa que os máis pequenos e pequenas poderán recibir información sobre igualdade e diversidade dun xeito ameno e cunha trama que se desenvolve en diversos puntos do municipio. Baixo o título Os Bolechas. Un magosto moi diverso en […]

8 vídeos permiten revivir as “historias non escritas” representadas na visita dramatizada ao barrio histórico de Oia

Un total de 8 pezas audiovisuais permitirán revivir as “historias non escritas” representadas na visita dramatizada ao barrio do Arrabal que foi realizada no marco da iniciativa 6×6 punto de encontro, O Arrabal. O proxecto está organizado polo Concello de Oia e cofinanciado pola Xunta de Galicia dentro do programa O teu Xacobeo. Os vídeos […]

Oia celebra o Samaín cunha festa infantil en Mougás

Oia celebrará o Samaín o próximo xoves 31 de outubro, cunha festa e variadas actividades pensadas para os máis pequenos e pequenas. Esta programación desenvolverase no Centro Cultural de Mougás a partir das 18.00 horas. Ao longo da tarde haberá actividades como pintacaras, xogos, música e unha merendola; ademais de algunha que outra sorpresa que […]

O Concello de Oia organiza un obradoiro de autoestima e empoderamento feminino

O Concello de Oia organiza un obradoiro de empoderamento feminino, unha iniciativa que comezará o próximo mes de outubro co obxectivo de favorecer o autocoñecemento e autoanálise das mulleres, a mellora da súa autoestima e o fomento da súa motivación. Este obradoiro desenvolverá un total de 12 sesións, a celebrar nos lugares de Torroña e […]

O Concello de Oia restaura o lavadoiro de Lavandeira

O Concello de Oia está a realizar os traballos de restauración do lavadoiro de Lavandeira, na parroquia de Santa María de Oia. O lavadoiro está situado nas proximidades do Mosteiro de Oia e actualmente se atopaba en desuso. Con esta actuación, a administración municipal pretende recuperar este elemento do patrimonio etnográfico local. Para a realización […]

O Concello de Oia avanza na actuación do camping Pedra Rubia

O Concello de Oia avanza na actuación que suporá a compra dos terreos do antigo camping Pedra Rubia, situado na zona do Aguncheiro (Mougás), co obxectivo de recuperar este enclave con usos como zona de esparcemento, usos deportivos e de lecer. Así, a corporación municipal aprobou o inicio do expediente de compra do terreo no […]

O Concello de Oia adxudica a redacción do PXOM

O Concello de Oia adxudicou de forma provisional o contrato administrativo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á UTE Urben Consultores SL-Indultec Ingenieros, SLU, por un importe de 114.783,77 euros. O adxudicatario terá que acreditar no prazo de dez días hábiles a documentación xustificativa das circunstancias da personalidade, capacidade, solvencia, experiencia do […]

O Pleno do Concello de Oia aproba o orzamento de 2019 cun incremento dun 13%

O Pleno do Concello de Oia aprobou definitivamente este xoves o Orzamento para o ano 2019, cos votos a favor do Partido Popular e os votos en contra dos grupos da oposición, por un importe de 1.683.887,76 euros, o que supón un incremento dun 13% respecto do orzamento prorrogado de 2017, que foi de 1.488.430,53€. […]

O ciclo de música ‘Camiño de Cantares’ arranca o vindeiro domingo no Mosteiro de Oia

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación de Camiño de Cantares nun acto que se levou a cabo na Cidade da Cultura e no que tamén estivo presente a directora de comunicación deste ciclo, Nieves García Soto, e o director xeral de CLUN, Rafael Prieto. Camiño de Cantares é […]

O Concello de Oia se reúne coas traídas veciñais para explicar o Plan de apoio 2020-2023

O Concello de Oia convocou aos membros das directivas das traídas veciñais do municipio a unha reunión o pasado mércores 21 de agosto, no Centro Cultural de Pedornes, para pedir a súa colaboración e recoller as opinións e información necesaria para concretar as axudas do Plan de apoio as traídas veciñais de Oia 2020-2023. Á […]

O Concello de Oia contrata unha Técnica Forestal

O Concello de Oia acaba de contratar unha técnica forestal para reforzar o servizo de tramitación de limpeza de fincas, debido a gran cantidade de solicitudes formuladas, para contribuír a mellora da prevención de incendios forestais. O contrato terá unha duración de 4 meses, prestando servizo no Concello os luns, xoves e venres. Esta contratación […]

Concerto de Lucía Pérez e A Roda este venres en Oia

O casco histórico de Oia encherase de música a noite deste venres 16 de agosto co concerto gratuíto A Roda da Igualdade, un proxecto no que a artista Lucía Pérez e o grupo A Roda queren amosar exemplos de música popular con discursos alonxados do discurso machista e misóxino e amosando un novo imaxinario e […]

Mozos e mozas de Oia descobren o patrimonio local a través da fotografía

Os mozos e mozas participantes no obradoiro xuvenil #Oiaensepia que se está a celebrar nestas semanas realizaron unha saída fotográfica por distintos puntos de Oia, co obxectivo de analizar e reflexionar sobre os cambios no patrimonio local. Dentro do proxecto Oia en sepia, o grupo está a recompilar fotografías antigas sobre Oia, as cales se […]

O Concello de Oia reparte 50 novos composteiros domésticos

O Concello de Oia continúa coa súa campaña de compostaxe doméstica distribuíndo, de xeito gratuíto, 50 novos composteiros individuais entre as persoas que o soliciten. As solicitudes poderán presentarse no Concello ata o día 31 de agosto. Esta nova partida de composteiros provén dunha achega da Deputación de Pontevedra a través do Plan Revitaliza (20 […]

O Concello de Oia organiza un obradoiro xuvenil gratuíto arredor da fotografía antiga

O Concello de Oia organiza o proxecto xuvenil #oiaensepia, unha iniciativa de verán que, baixo a temática da fotografía antiga; incluirá actividades como un obradoiro creativo, unha recompilación de fotografías antigas e unha excursión para retratar o patrimonio de Oia e documentar os cambios que se van producindo co paso do tempo. O proxecto #oiaensepia […]

A limpeza da contorna de Auga dúas Cebros abre esta fin de semana os traballos para a elaboración dunha réplica do petróglifo

Os traballos para a elaboración dunha réplica do petróglifo de Auga dous Cebros comezarán esta fin de semana cunha actividade que consistirá na limpeza da contorna do gravado. Estes labores previos terán lugar o vindeiro sábado e contarán coa participación dos propios veciños e veciñas, aínda que é necesario inscribirse previamente porque as prazas son […]

Oia acolle un campus multideporte do 15 ao 26 de xullo

O Oiense CF, coa colaboración do Concello de Oia, organiza o próximo mes de xullo un Campus Multideporte dirixido nenos e nenas de entre 5 e 15 anos. As actividades serán desenvolvidas por monitores titulados e incluirán disciplinas deportivas como tenis, fútbol, baloncesto, balonmán e natación. O campus desenvolverase entre o 15 e o 26 […]

Oia participará nas celebracións da Festa da Flor da freguesía lusa de Oiâ o próximo 30 de xuño

Unha delegación de Oia visitará a freguesía portuguesa de Oiâ o próximo día 30 de xuño para participar nas celebracións da Festa da Flor que celebra a localidade lusa, irmandada desde hai décadas co municipio galego. O Concello fretará varios autobuses para que as persoas que o desexen poidan asistir á celebración. A Festa da […]

Torroña acolle este domingo o Primeiro Encontro da Terceira idade

As Escolas de Torroña acollerán o próximo domingo o Primeiro Encontro da Terceira Idade, cunha programación de actividades de lecer que se desenvolverá a partir das 17.00 horas. A programación festiva contará cos espectáculos do cuarteto Rock Q’Mola (17.30 horas) e dun pinchadiscos que amenizará a tarde con cancións de baile. A continuación celebrarase un […]

A “avoa de Oia”, Purificación Granja, cumpre 103 anos

Purificación Granja, a muller máis lonxeva de Oia, cumpre este mércores 103 anos, un aniversario que festexa cunha saúde envexable e rodeada dos seus seres queridos. Aínda que hoxe é un día especial que mereceu un brinde cun pouco de sidra, a “avoa de Oia” non perdoou a súa cita diaria cun dos seus labores […]

Unha exposición de obxectos tradicionais complementará a visita dramatizada ao Arrabal

Unha exposición realizada grazas á recompilación de obxectos tradicionais complementará a oferta de actividades culturais que se desenvolverán na fin de semana do 1 e 2 de xuño con motivo da visita dramatizada protagonizada polas persoas participantes no obradoiro de teatro “6×6 Punto de encontro O Arrabal: historias non escritas”. A mostra reunirá obxectos cedidos […]