Dende ACE anúnciase que continuamos coas conversas de cara a fusionar todas as propostas dos distintos grupos así como para chegar a acordos no regulamento; o cal pretende unificar os criterios de gobernabilidade. ACE entregará hoxe por correo a todos os grupos as liñas do programa de goberno, ante a inviabilidade de entregalas na man […]
O 20% da veciñanza de Cangas é maior de 65 anos, e co aumento da esperanza de vida esta porcentaxe irá en aumento, pero que unha persoa sexa maior de 65 anos non quere dicir que non sexa precisa para a sociedade. Non creemos no illamento dos maiores, nos “fogares de pensionista” nin na súa […]
A Alternativa Canguesa de Esquerdas mantivo unha xuntanza cos colectivos deportivos para presentar o programa que ACE quere levar adiante nos próximos catro anos. ACE propón a creación dun organismo municipal de deportes de cara a xestionar todos os espazos deportivos con maior eficacia, así como a supervisión de ditas instalacións e aumentar a produtividade […]
Dende ACE cremos que os representantes públicos están para defender os intereses sociais e colectivos, e é por iso que os servizos públicos deben ser protexidos e coidados, de cara a mellorar a calidade de vida da veciñanza canguesa. É por iso que invitamos a toda persoa que queira aportar ideas e alternativas este venres […]
Concretarase o debate e a toma de decisión sobre os seguintes servizos: ciclo integral da auga, recollida e tratamento do lixo e piscina municipal. No caso do ciclo integral da auga o PP asfixiou ao Concello cun contrato a 25 anos cunhas tarifas abusivas -que están provocando brutais reclamacións económica- e cuns investimentos practicamente nulos. […]
A proposta céntrase en varios puntos concretos: Rexeitar o traslado do Centro de Saúde de Cangas, evitando a súa deslocalización. Esixir a revisión do documento do convenio, reclamando que o mesmo debe ir inescusablemente vencellado á implantación de especialidades, a desenvolver por médicos especialistas, unido ós equipos e servizos recollidos no anexo[1] que adxuntamos. Previsión e definición […]
Dende a Alternativa Canguesa de Esquerdas, a sistemática, provocadora, falsa e difamatoria do PP contra o concelleiro do urbanismo son unha constante que ten como único obxectivo conseguir a máxima da propaganda nazi: unha mentira mil veces repetida convértese en verdade; por iso é necesario deixar claro quen é Sotelo e a que xoga o […]
A Alternativa Canguesa de Esquerdas levará a pleno este venres unha moción que defenderá a eliminación definitiva da fachada franquista na Excolexiata de Cangas. Para ACE non se entende como podemos continuar a ter simboloxía franquista no casco vello do pobo; unha fachada que homenaxea a Primo de Rivera, o cal fundou, xunto Ledesma Ramos […]
En primeiro lugar, a posición de Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) respecto dos convenios de Massó e Aldán non variou nin un milímetro; así como con todo o relacionado coa especulación urbanística, e non o dicimos de palabrería, senón con feitos; pois o pobo de Cangas sabe sobradamente quen axudou a tombar os convenios e […]
Alternativa Canguesa de Esquerdas, organiza unha charla o mércores 14 ás 19.30h no Salón de Plenos do Concello de Cangas. Nela abordarase o tema das pensións públicas e intentarase resolver todas as dúbidas; pois encabezará a charla Victoria Portas, voceira da coordinadora estatal en defensa do sistema público de pensións, integrante de MODEPEN e experta […]
ACE vén de rexistrar unha moción que defenderá no vindeiro pleno de Cangas na que esixe á Xunta o Centro de Alta Resolución para o Morrazo. Dende ACE crese que a Consellería de Sanidade está realizando unha confusión deliberada con respecto ó estudo de necesidades sanitarias, pois “estase a realizar enquisas nos concellos de Moaña e […]
Para Alternativa Canguesa de Esquerdas, é moi necesario impulsar pois, un debate en clave interna pero tamén en clave pública, pois é preciso abrir á cidadanía a necesidade de concretar tanto o compromiso de recuperación dos servizos públicos como a súa viabilidade tendo en conta os modelos de xestión aplicables na actualidade. A coordinadora de Alternativa Canguesa de Esquerdas, […]
Vimos presenciando nestas últimas xornadas, actos de verdadeiro esperpento político. Unha guerra constante contra Catalunya por parte do Estado que non se entende como unha loita xurídica senón como unha cuestión política e reaccionaria. Ameazas, detencións, multas e sancións; humillacións cara un país que queren tratar como suxeito menor de idade para que non exerza a […]
Diante do Pleno da Corporación Municipal de Cangas que se vai celebrar o próximo luns día 11, ACE quere deixar claros os seguintes puntos: 1.- O noso total apoio á proposta da equipa de goberno de abrir un expediente de inicio de carácter resolutorio con respecto ao contrato do ciclo integral da auga en función […]
Tralas demandas feitas hai máis de dous meses onde o Concello de Cangas esixiu á Xunta a manter o transporte público a Coiro a Xunta contestou onte que está disposta a incluír dita liña con dúas frecuencias, unha a partir das 9h e outra a partir das 12h. Polo xeral, estímase que dita liña pase polo Espíritu Santo e faga […]
ACE vén de editar o primeiro boletín informativo tras dous anos de goberno; nel explícanse moitas das actuacións feitas até o de agora, así como diferentes proxectos en marcha que serán fundamentais para Cangas. Mañá venres, ás 20:30h da tarde no local de ACE (R/Méndez Núñez, 27, entresollado, oficina 4, galerías) realizarase a presentación de dito […]
ACE, por decisión da coordinadora da coalición, inicia unha campaña de rendición de contas e de diálogo coa veciñanza. Dita campaña levarase adiante nos próximos días, comezando o 1 de xullo en Menduiña. Ditos actos percorrerán as aldeas ao longo das próximas semanas, co obxectivo de render contas destes dous anos no goberno así como […]
A Alternativa Canguesa de Esquerdas, decidiu en asemblea renovar o carácter gráfico do partido; apostando por un novo logo que representa o que somos; un partido local, humilde, galego e sinxelo. Este logo, que será o oficial a partir deste mesmo luns, respecta as cores iniciais do partido, o verde, tan característico da esquerda, mais […]
Outro ano máis, o día das Letras Galegas non pode ser para nós un día de celebración, senón un día de reivindicación. E non porque non queiramos celebrar termos unha lingua propia, senón porque cada vez esta lingua é máis maltratada e ignorada polos “bos xestores”. Vimos de coñecer a diminución da edición de obras […]
A eurodeputada galega denuncia que o Estado español lles segue a negar ás vítimas do Alvia e á sociedade o seu dereito á verdade. En presenza das vítimas, a Eurocámara pide unha investigación supervisada pola Comisión sobre as raíces profundas do sinistro. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde […]
Os membros da asamblea local de ACE decidiron reclamar á concelleira Tania Castro a súa renuncia cautelar despois das publicacións en medios de comunicación nacionais sobre unha condena en firme. ACE en relacion á condena de Tania Castro Comunicado oficial da concelleira Tania Castro de ACE No comunicado ofrecido os medios a través dunha nota na rede […]
Vaia por diante que nunca cometín ningún delito e o meu historial está completamente limpo. Desculpádeme por non saber reaccionar á velocidade das noticias, pois non entendía a importancia pública deste pequeno episodio da miña vida privada, onde cría que tiña que seguir estando. Tiña unha empresa, como tanta xente que quixo emprender neste país. […]
Xa hai meses, saíu unha noticia sobre a concelleira de Medio Ambiente e Turismo Tania Castro onde se informaba da súa condena oficial por despido improcedente a un traballador, así como por telo menos horas contratado das que realmente traballaba. Esta é unha actitude que non é compatible nin co código ético de Anova nin […]
O Grupo acordou un funcionamento interno onde a portavocía será repartida entre, no primeiro tramo da lexislatura, Rubén Pérez Correa, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, e no segundo tramo, Francisco Vázquez Troitiño, concelleiro de Gañamos Alternativa Veciñal, pero, coa excepción de que as intervencións nos plenos da Área se decidirán baixo un […]