O BNG suma o apoio de CxG co obxectivo de garantir que Galiza recupere voz propia no Congreso o 10N

O BNG suma o apoio de CxG ás candidaturas que a formación nacionalista que lidera Ana Pontón presenta ás eleccións xerais, e así se plasma nun acordo que ambas forzas asinaron hoxe en Santiago, no que se recollen os principios políticos sintetizados nun decálogo así como a incorporación de catro integrantes de CxG nas listas […]

Compromiso por Galicia solicita o voto da sociedade viguesa que desexe unha política para o futuro de Vigo

O candidato galeguista á alcaldía de Vigo, Xoán Antonio Cortes, finalizou a campaña electoral solicitando o voto daqueles vigueses e viguesas que desexen unha política de futuro para Vigo, sen medidas espectáculo nin polémicas e desprecios entre institucións, unha política con máis visión de futuro para recuperar o liderazgo económico de toda a rexión Galicia-Norte […]

Daniel Lago: “Outros teñen que esconder aos seus socios para Europa, nós estamos ben orgullosos do traballo dos nosos”

Daniel Lago, candidato nº2 da lista galeguista na europeas, apuntou en Ourense na necesidade de refazer Europa desde un prisma máis democrático e máis plural. Falou tamén dunha refundación de Europa, precisa para frear a desafección crecente, incluso fala dunha desconexión entre a UE e á cidadania. Tamén di que temos que continuar no camiño […]

Daniel Lago: “O Brexit é o sintoma dunha Europa Enferma, o mellor remedio é a Europeína”

COMPROMISO POR GALICIA TEN O MELLOR REMEDIO PARA ESTA ENFERMIDADE; A “EUROPEÍNA” UN MEDICAMENTO PARA VACINAR CONTRA A EUROFOBIA E A DESCOMPOSICIÓN DA EUROPA. Os galeguistas seguiran a levar a Bruxelas as demandas de Galicia que teñen que estar presente nas negociacións referentes á pesca na UE. A flota galega vai verse afectada polos sucesivos […]

Compromiso por Galicia reuniuse este xoves coa Plataforma en defensa da ría de Vigo para compartir propostas e buscar solucións aos problemas medioambientais da ría

Daniel Lago afirmou na reunión compartir os temores da Plataforma na continua necesidade da Autoridade portuaria en comer metros á ría de Vigo, unha necesidade que “debe ter un límite xa que estamos a hipotecar o futuro medioambiental, turístico, e mesmo económico da cidade de Vigo”. Ambos colectivos cren que é preciso, antes de realizar […]

Compromiso por Galicia traerá a Vigo un acto sobre pesca a nivel europeo da man do Partido Demócrata Europeo

OS GALEGUISTAS DE COMPROMISO POR GALICIA MANTIVERON UNHA XUNTAZA NA COOPERATIVA DE ARMADORES DE VIGO CO SEU PRESIDENTE, JAVIER TOUZA. Os candidatos nº 1 e nº 2 da candidatura europea na lista galeguista, Juan Carlos Piñeiro e Daniel Lago, trasladaron en Arvi o anuncio da celebración no segundo semestre do ano dun acto a nivel […]

Compromiso por Galicia esixe unha rexeneración democrática no concello de Vigo

Co fin de converter o concello de Vigo nunha institución profundamente transparente, Compromiso por Galicia quere incorporar mecanismos que reduzan ao mínimo as posibilidades de que responsables políticas/os ou funcionariado público poidan cometer prácticas corruptas, ou aproveitarse da súa situación de poder para actuar en beneficio propio ou de terceiros. Rematar coa práctica de contratación […]

Daniel Lago: “Europa ten que empezar un novo “GREEN DEAL” para xerar emprego de calidade e ser lideres na loita contra o cambio climático”

PARA COMPROMISO POR GALICIA ESTAMOS NA HORA DE DAR O SALTO PARA A DESCARBONIZACIÓN CON TODO O QUE SUPORÍA NA CREACIÓN DE EMPREGOS DA “ECONOMIA VERDE”. O candidato nº 2 da candidatura europea na candidatura galeguista, Daniel Lago, fala do necesario cambio de modelo enerxético que en Europa temos que levar adiante e no que […]

O candidato galeguista á alcaldía de Vigo, Xoán Antonio Cortes, lamenta que durante os últimos mandatos só se teñan impulsado proxectos visuais na cidade

O candidato galeguista á alcaldía de Vigo, Xoán Antonio Cortes, lamenta que durante os últimos mandatos só se teñan impulsado proxectos visuais na cidade, e non se teña incidido máis en fomentar o seu motor económico-empresarial, imprescindible para a creación de riqueza e emprego. Xoán Antonio Cortes defende a creación de riqueza e emprego como […]

“Galicia conecta con Portugal por unha ponte mais que centenaria”

Os galeguistas levaran a Madrid a urxencia da modernización, logo de case 150 anos, da conexión ferroviaria con Portugal, unha situación prolongada ao longo das últimas décadas e que ningún dos planos de inversións dos sucesivos gobernos foron capaces de solucionar. O candidato nas listas do Senado pola formación galeguista di que a relación Madrid-Lisboa […]

Daniel Lago no Congreso do Partod Democrata en Liubliana: “A UE tem que liderar un “green deal” e levar un “plan Marshall” para Africa

O CANDIDATO GALEGUISTA AO SENADO POR PONTEVEDRA, DANIEL LAGO ASISTE AO CONGRESO DO PARTIDO DOS DEMÓCRATAS EUROPEOS NA CAPITAL ESLOVENA. Daniel Lago afirma a necesidade mais do que nunca de levar para adiante a idea de Europa e do europeísmo como defensa dos valores da democracia, as liberdades e os dereitos humanos, fronte aqueles que […]

Os galeguistas comenzamos a campaña electoral en Vigo

Os galeguistas de Compromiso por Calicia comenzamos a campaña electoral en Vigo. Os tres candidatos de Vigo na lista ao Congreso por Pontevedra iniciaron a tradicional pegada no paseo de Alfonso, xusto ao carón da centenaria oliveira, símbolo da nosa cidade. Salientan que GALICIA PINTA NO ESTADO. VOTA COMPROMISO!!

O candidato de Compromiso por Galicia Vigo pide incluir a facturación directa aos aeroportos de Santiago e Porto desde a próxima intermodal Mayne

“Temos que ver se non seria mellor subvencionar o transporte público aos aeroportos xa mais consolidados como o de Sá Carneiro ou o Rosalía de Castro de Santiago” Xoán Antonio Cortés aposta pola complementariedade, temos que ser complementarios desde Porto a A Coruña, non podemos deixar de escoller outro camiño que non sexa o da […]

Compromiso por Galicia escolle por unanimidade a Xoán Cortés como candidato á alcaldia de Vigo

Os galeguistas vigueses, escolleron no proceso de primarias a Xoán Antonio Cortés, como candidato galeguista para a alcaldía de Vigo. A agrupación local do partido en Vigo escolleu por unanimidade ao seu candidato para as municipais de Maio de 2019. XOÁN ANTONIO CORTÉS: “É BEN CERTO QUE VIVIMOS NUNHA CIDADE FERMOSA, O QUE TEMOS É […]

Compromiso por Galicia lanza o seu proceso de primarias para a escolla do cabeza de cartel cara as municipais en Vigo

Compromiso por Galicia, abriu nesta semana o procedemento de primarias para escoller á persoa que encabece a candidatura galeguista en Vigo. O proceso rematará no dia 1 de Abril. Neste proceso de primarias para ser elixible é condición estar de alta no partido con cando menos dous meses de anterioridade a esta convocatoria de proceso de […]

Compromiso por Galicia presenta as suas listas para o #28A baixo o lema: “Galicia pita no estado”

Daniel Lago Leirós (Vigo 1979) lidera a lista dos galeguistas para o Senado nestas eleccións xerais. Este licenciado en ciencias políticas, é empresario dentro da industria aseguradora onde desenvolve a sua actividade profesional. Forma parte da executiva nacional galeguista onde é responsable da area de estudos políticos e programas. Indica Dani Lago que a profunda […]

A xornada do PDE/EDP tratou de dar un pulo ao renacimiento cultural e científico da Unión Europea

O secretario xeral galeguista dixo que “o noso proxecto político ten un espello onde ollarse, nos temos claro que ese espello son as políticas de benestar e creación de riqueza do EAJ-PNV para Euskadi, sabendo ben das nosas propias particularidades”. O responsable de relacións internacionais do EBB, Mikel Burzako, reforzou esta conexión fraternal entre os […]

CxG: “O PSOE vigués leva no seu interior o viruso caciquista de usar o Concello como casa de emprego para militantes e familiares”

Os galeguistas de Compromiso por Galicia, entenden que unha das virtudes da democracia é que posibilita diferentes canles de participación na vida pública. Para a xente de Compromiso por Galicia a única via contra da tirania é a participación proactiva é a fiscalización da acción do governo. A contratación, por parte dunha das principais empresas […]

Compromiso por Galicia lamenta a inutilidade dos deputados de En Marea en Madrid para defender os intereses de Galicia no estado

Os galeguistas vigueses, por voz do seu secretario local, Xoán Antonio Cortés, critican a mais que lamentable xestión dos orzamentos por parte dos deputados de En Marea no Congreso dos deputados, onde Galicia perde peso político e peso, finalmente, nas partidas orzamentarias. Nun momento político sen maiorias absolutas no estado e no que os votos […]

Compromiso por Galicia denuncia o estado lamentable no que se atopa o aparcadoiro construído polo Concello e inaugurado hai uns meses

Os galeguistas vigueses, por voz do seu secretario local, Xoán Antonio Cortés, critican o mal estado no que se atopa o aparcadoiro construido polo concello hai menos dun ano. Lembran que a obra custou máis de medio millón de euros, e que xa desde o principio se notaba a baixa calidade dos materiais empregados na […]

Compromiso por Galicia pide un plan plurianual para incentivar o comercio vigués

Desde CxG queren prolongar os incentivos desde o concello para incrementar o consumo nos comercios locais da cidade. “O comercio local é motor de economia e emprego na cidade, pero as medidas de incentivo deben ser eficaces durante todo o ano” indica o responsable local en Vigo dos galeguistas, Xoán Antonio Cortés. Na mesma apunta […]

Compromiso por Galicia di que o PP de Vigo realiza unha oposición delirante

CxG di que a última invención dos populares pedindo a gratuidade do parking do Auditorio Mar de Vigo é un delirio mais nas suas iniciativas, cando os habitantes da cidade sufrimos un parking de pago no hospital Alvaro Cunqueiro. “O camiño do PP de Vigo e no seu papel como lider da oposición é unicamente […]

Compromiso por Galicia reforza a alianza para unha Europa dos pobos no Alderdi Eguna

O Secretario Xeral, Piñeiro Docampo, declarou que Compromiso por Galicia é xa un socio estratéxico e fiable para os jetzales, xunto aos que apostamos por unha nova alianza estratéxica dentro de Europa e no marco da axenda 2025 da UE. Este ano Compromiso por Galicia contou cun espazo propio dentro das tradicionais “txoznas” que as […]

Compormiso por Galicia sinala que o presuposto para o alumeado de nadal é claramente insuficiente e acusa ao alcalde de non levar toda cidade o nadal

Desde Compromiso piden ao alcalde que o alumeado de nadal chegue a todos os barrios e parroquias de Vigo. para o que piden un aumento da partida nos orzamentos municipais xa que consideran a mesma como claramente insuficiente, e é que segundo os seus cálculos, aproximados, deberia chegar ata os 6 millóns de euros anuais, […]