Filosofía e o común é o título da XXXV edición da Semana Galega de Filosofía, que a Aulaún integran o programa dun evento que achegará a Pontevedra a expertos e expertas como a profesora da Universidade Hofstra de Nova York Silvia Federici, o político, sindicalista e alcalde do municipio sevillano de Marinaleda, Juan Manuel Sánchez Gordillo, o filósofo César Rendueles ou a catedrática emérita da Universidad de Salamanca Josefina Cuesta, quen ademais de no Teatro Principal, sede destas xornadas, impartirá unha conferencia na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte.
Así o anunciou este venres a presidenta da Aula Castelao, Ana Regueira, na presentación do programa destas xornadas, que realizou xunto a Diana Vilas e a tamén integrante da aula e profesora da Universidade de Vigo Ana Acuña. A historiadora Irene Flunser e o economista Daniel Raventós forman parte tamén dos conferenciantes nun evento no que o investigador do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo Damián Copena ofrecerá o venres 6 unha conferencia titulada Acción colectiva, comúns e economía ecolóxica: iniciativas dende o mundo rural galego. Dous días antes, Cuesta Bustillo abrirá a terceira xornada da semana falando de Memoria, historia e relato. Catedrática de Historia Contemporánea, Cuesta é considerada unha das pioneiras nos estudos en España sobre a historia do tempo presente e na historia da memoria, motivo polo que a conferencia, aberta a todo o público itneresado, co que esta Semana da Filosofía se achega neste 2018 ao campus pontevedrés enmárcase tamén nas actividades da materia Historia do presente, que imparte Domingo Rodríguez Teijeiro.
Co patrocinio do Concello e da Vicerreitoría do campus, esta XXXV Semana Galega da Filosofía mantén a súa habitual estrutura en tres bloques. Pensar a res saúde é o título do que se desenvolverá en horario matinal, dirixido a expertos e a expertas, mentres que o programado para as tardes estará centrado nos retos de Galicia como comunidade e o da noite, dirixido ao público xeral, leva por título O común na encrucillada; Os retos da construción do común na época contemporánea. A inscrición nesta actividade, recoñecida cun crédito ECTS pola Universidade de Vigo, poderá realizarse ata o 30 de marzo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.