O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á orde de prelación e á puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal das categorías de celador, cociñeiro, grupo de auxiliar da función administrativa, lavandeiro, pasador de ferro e pinche. En total xeráronse 19.533 inscricións, sumando as do anterior proceso e as de nova xeración. A categoría con maior número de solicitudes é a de celador, con 7.777 inscricións. O 9,87% foron novas inscricións realizadas despois da data límite de presentación de inscricións do anterior proceso.
As listas definitivas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos. As listas actualizadas entrarán en vigor con efectos do día 17 de febreiro de 2018.
Próximas publicacións
Está previsto que próximamente se publiquen as listas provisionais de admitidos e excluídos e os resultados da baremación provisional no proceso de actualización das seguintes categorías: enfermeiro, enfermeiro especialista en enfermería do traballo, enfermeiro especialista en saúde mental, enfermeiro especialista en obstetricia e xinecoloxía, enfermeiro da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias e pediatra de atención primaria.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.