O Servizo Galego de Saúde publica a adxudicación provisional de destinos no concurso de traslados de diversas categorías de persoal licenciado sanitario

Neste concurso resultaron admitidos un total de 440 profesionais e conseguiron o destino solicitado o 86,59% dos profesionais que participaron no proceso
Publicado por o día 22/01/2018 na sección de Sanidad

O Servizo Galego de Saúde publica a adxudicación provisional de destinos no concurso de traslados de diversas categorías de persoal licenciado sanitario

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición de hoxe, a Resolución pola que se publica a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados da adxudicación provisional no concurso de traslados de persoal licenciado sanitario (facultativo especialista de área, médico de urxencias hospitalarias, médico de admisión e documentación clínica e médico asistencial do 061) correspondente ao ano 2017.

Neste concurso resultaron admitidos/as un total de 440 profesionais, sendo as categorías con máis aspirantes admitidos as de facultativo especialista en medicina interna e medicina de urxencias hospitalarias. Do total dos profesionais que participaron neste proceso, conseguiron un dos destinos solicitados o 86,59%.
A relación definitiva de admitidos e excluídos atópase publicada, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, os/as aspirantes poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) o resultado da súa baremación no concurso e o destino provisionalmente asignado.

Pola citada resolución ábrese un prazo de quince días hábiles contados a partir do 23 de xaneiro, para que as persoas interesadas poidan formular reclamación contra os resultados da baremación e adxudicación provisionais, mediante escrito que deberán presentar nun rexistro público, dirixidas á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

As reclamacións presentadas entenderanse rexeitadas ou admitidas na Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se resolva definitivamente o concurso de traslados.

Habilitouse un enderezo de correo electrónico no que os/as aspirantes poderán dirixir as súas dúbidas ou consultas: concurso.traslados@sergas.es. Estas consultas non terán a consideración de reclamacións.