Sés chega a Vigo esta fin de semana

Publicado por o día 05/04/2019 na sección de Galicia,Cultura,Eventos,Vigo

Sés chega a Vigo esta fin de semana

Sés presentará este sábado nun concerto que se celebrará no Auditorio Afundación de Vigo o seu novo disco ‘Rabia ao silencio’,  A “RABIA AO SILENCIO” que cantaba Yupanki da nome a este traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, mais todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.

Maria Xosé Silvar, Sés, proponnos desta volta un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten acostumados, para traer á Galiza do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil…), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos PueblaVíctor JaraMercedes SoSa ou Zeca Afonso. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

María Xosé Silvar “SES” – voz, guitarra e percusión
Sabela Galbán – voz, acordeón e flauta
Tito Calviño – guitarra

O prezo da entrada sera 10€ e poden mercar aquí os seus boletos https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-afundacion-vigo/9832–ses-presenta-rabia-ao-silencio.html