Smartpeme inicia 2021 pondo en marcha esta próxima semana cinco obradoiros online

Ata o 15 de xaneiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre márketing de contidos, comercialización en liña de experiencias gastronómicas, marketplace, impresión 3D e estratexia de palabras chave
Publicado por o día 10/01/2021 na sección de Deputación de Pontevedra

Smartpeme inicia 2021 pondo en marcha esta próxima semana cinco obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana cinco novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre impresión 3D, comercialización en liña e diversas estratexias para lograr diferenciarse da competencia, como o márketing de contidos ou as palabras chave.

En concreto, este martes 12 impartirase o obradoiro “Márketing de contidos: aprende a diferenciarte da competencia”, a cargo de Laura Carrera, graduada en Publicidade e Relacións Públicas.

O mércores 13 será a quenda de “Comercialización en liña de experiencias gastronómicas”, neste caso o obradoiro será impartido por Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas. Pola tarde terá lugar a intervención de María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, quen falará sobre “Cómo vender os teus produtos nun marketplace”.

Pola súa banda, o xoves 14, terá lugar “Impresión 3D – Introdución”, impartido polo experto universitario en Robótica Manuel Freire. Finalmente, o venres 15, o licenciado en Comunicación Audiovisual Adrián Fernández, impartirá “Estratexia de palabras chave para posicionar o teu negocio en liña”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.