“SmartPeme” ofrece este mes de xaneiro sete novas accións formativas no Edificio Administrativo da Deputación

O programa de asesoramento no ámbito das TIC está destinado ás persoas emprendedoras, autónomas e ás pemes da provincia
Por o 07/01/2019 | Sección: Deputación de Pontevedra,Galicia,Pontevedra
“SmartPeme” ofrece este mes de xaneiro sete novas accións formativas no Edificio Administrativo da Deputación
Compartir en:

A oficina de “SmartPeme” na cidade de Pontevedra, situada no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra, acollerá durante este mes de xaneiro un total de sete accións formativas para a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital. Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

As quendas son as seguintes: martes 8 de xaneiro, “Google Calendar, moito máis que unha axenda”, ás 19 horas. O xoves, 10 de xaneiro ás 18 horas, será a quenda de “Crea unha páxina profesional con WordPress”. O curso “Plugins de WordPress para mellorar a túa web” impartirase o martes 15 ás 19 horas. O martes 22, ás 17 horas, terá lugar “Marketing de contidos: como xerar unha estratexia efectiva”. Esa mesma semana, o xoves 24 ás 19 horas, vaise impartir o obradoiro “Optimiza a visibilidade da túa web con Google Search Console”. O  curso “Iniciación ao deseño gráfico” chega o martes 29 ás 18 horas. Por último, o xoves 31 ás 19 horas, impartirase “Social Media Listening: O que se din do teu negocio en Internet”. A oficina “SmartPeme” de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na Gran Vía de Montero Ríos, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 20 20 20, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.gal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.