Smartpeme pon en marcha esta próxima semana oturos catros obradoiros online

Ata o 5 de febreiro o programa de asesoramento tecnolóxico oferta cursos sobre optimización de imaxes, Facebook Ads, impresión 3D e Google Adwords
Publicado por o día 31/01/2021 na sección de Deputación de Pontevedra,Formación

Smartpeme pon en marcha esta próxima semana oturos catros obradoiros online

A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre a optimización de imaxes para a mellora da velocidade web, Facebook Ads, materiais empregados en impresións 3D e Google Adwords.

En concreto, este martes 2 impartirase o obradoiro “Optimización de imaxes: mellora a velocidade da túa web”, a cargo de Lara Taboada, titulada en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico. O mércores 3 será a quenda de “Facebook Ads”, que será impartido por Fátima Faílde, posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas.

Pola súa banda, o xoves 4, o experto universitario en Robótica Manuel Freire, impartirá “Impresión 3D IV: materiais”, dando continuidade ao obradoiro desenvolvido ás semanas anteriores e, o venres 5, María Aller, posgraduada en Comunicación Corporativa cun mestrado en marketing dixital, introducirá os conceptos básicos de Google Ads en “Introdución a Google Adwords”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.