Suicidio, a morte silenciada

Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

Suicidio, a morte silenciada
Coma terceira parte do ciclo “Vida e ética” que xa tratou os temas de a “Morte digna” e os “Ventres de aluguer”, este mércores 20 de Marzo ás 19:15h, na Biblioteca da EMAO, o Ateneo Atlántico organiza un debate sobre o suicidio. Participarán nel o psiquiatra Tiburcio Angosto, e o patólogo forense, Jose Luís Gómez; presentará para o Ateneo Atlántico, a avogada Elvira Landín.
Sábese que factores sociais, psicolóxicos e culturais interactúan dun xeito morboso para conducir a unha persoa a un comportamento suicida, pero debido á estigmatización dos trastornos mentais e do suicidio, moitas persoas senten que non poden pedir axuda. A pesar de que os datos asistenciais indican que numerosas mortes son evitables, o suicidio, con demasiada frecuencia, ten escasa prioridade para os gobernos e as decisións políticas.

Segundo a OMS, nun ano, case 800.000 persoas suicídanse no mundo, pero moitas máis téntano, case 20 veces máis, sendo este acto un dos factores máis importantes de risco de consumalo. Pero tal vez o máis tráxico é que o suicidio pode producirse a calquera idade, sendo a segunda causa de defunción entre os mozos de 15 a 29 anos en todo o mundo.

Con este acto o Ateneo Atlántico quere invitar á sociedade viguesa a reflexionar sobre este feito, xa que Galicia, con máis de 300 suicidios ao ano, ten un dos índices máis altos de España.

Durante o acto proxectaranse fragmentos do documental “A morte silenciada

A entrada será libre ata completar aforo (65 persoas aprox.)

Suicidio, a morte silenciada
Con José Luís Gómez e Tiburcio Angosto · Presenta Elvira Landín
Biblioteca da Escola de Artes e Oficios · r/ Garcia Barbón 5
Mércores, 20 de Marzo · 19:15h