Suspensión da expedición de permisos de queimas

Publicado por o día 07/06/2019 na sección de Galicia,Concello de Vigo,Vigo

Suspensión da expedición de permisos de queimas

Co inicio da campaña de verán, época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes.

Durante este periodo, que vai do 1 de xuño até o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.

Coa finalidade de minimizar ao máximo os efectos socioeconómicos e ecolóxicos dos lumes, suspenderase con carácter xeral, dende o 1 de xuño até o 30 de setembro, a admisión de solicitudes de queimas de produtos do campo (herbas, restrollos, etc…) no Rexistro Xeral (xa sexa presencial ou a través da páxina web do Concello).

Documentación