🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Aprobada a proposición de En Marea para o aborto seguro e libre para as mulleres de 16 e 17 anos

Madrid, 12 de decembro de 2017. O Congreso aprobou este martes a iniciativa de En Marea relativa ao aborto seguro e libre para as mulleres de 16 e 17 anos, co apoio do PSOE, o voto en contra do PP e a abstención do PNV e Ciudadanos. “Gustaríanos que esta iniciativa formara parte do Pacto […]

En Marea presenta numerosas emendas aos orzamentos do Estado para mellorar e aumentar as partidas destinadas a Vigo e Pontevedra

En Marea vén de presentar no Congreso ao redor de 300 emendas parciais ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, 184 delas destinadas a incrementar as dotacións destinadas a Galiza. No medio destas numerosas propostas de mellora, figuran as emendas que teñen por obxecto aumentar os investimentos na provincia de Pontevedra. A deputada de En […]

En Marea reúnese cos afectados e afectadas pola hepatite C no Congreso para preparar varias iniciativas

A deputada de En Marea, Ángela Rodríguez-Pam, reuniuse este martes e mércores con varias organizacións de afectados pola hepatite C para preparar varias iniciativas e tratar os contidos a defender no monográfico sobre esta cuestión que se celebrará o próximo 24 de xaneiro na Comisión de Sanidade e Servizos Sociais do Congreso dos Deputados. Rodríguez ofreceu […]

En Marea denuncia as insuficiencias e pide máis inversión na loita contra a violencia machista

Este martes a deputada por Pontevedra de En Marea, Ángela Rodríguez, interveu no pleno do Congreso para debater sobre un dos temas máis importantes para o futuro, como é acabar coa lacra sobre a violencia machista. A deputada insistiu no seu discurso en que a violencia contra as mulleres debe ser “un compromiso real”. “Aprobáronse […]

En Marea solicita modificar a Lei de Violencia de Xénero no aniversario do 7N

En Marea presenta no Congreso dos Deputados, coincidindo co primeiro aniversario do 7N, a petición de creación dunha Comisión de Estudio sobre o incumprimento dos obxectivos de desarrollo sostible de fenda salarial de xénero e violencia de xénero segundo o informe de Oxfam Intermon “Un ano de axenda 2030 en España, moito por facer”. Esta […]

Miguel Dieguez, ex Podemos Galicia, nunca fue denunciado por Asociación Ve-La Luz según Fiscalía General del Estado

El pasado 8 de Febrero, Inteviú lanzaba un reportaje a doble página descargable en PDF con el siguiente titular: “La asociación coruñesa Ve-la Luz ha denunciado ante la Fiscalía a la cúpula de Podemos en Galicia por un caso de acoso laboral que afectaría a diez militantes.“. Siete meses después, Miguel Diéguez, uno de los diez […]

Ángela Rodríguez: “O 26 de xuño votamos se queremos pasado ou futuro. Ou ben cambiamos o país ou quedamos atrás”

 O Paseo da Calzada foi o escenario elixido para celebrar un acto de campaña de En Marea en Cambados. Ángela Rodríguez, número 2 da lista de En Marea ao Congreso lembrou que, segundo as enquisas, está en xogo que En Marea consiga un terceiro deputado pola provincia de Pontevedra, Josué Villar. Ángela Rodríguez afirmou que […]

Ángela Rodríguez: “Porque non queremos máis xente tomando antidepresivos por situacións xeradas por Rajoy imos gañar o partido nesta segunda volta”

En Marea achegouse esta tarde a Ponteareas (Pontevedra) onde as candidatas e candidatos de En Marea animaron á cidadanía a seguir a apoiar a En Marea porque “nesta segunda volta imos gañar o partido”. A candidata ao Senado, Vanessa Angustia, comezou afirmando que “pasou o momento da resignación, chegou o tempo do sorriso porque imos […]

En Marea pide no Congreso a anulación da prórroga a ENCE

As deputadas e deputados de En Marea veñen de presentar no rexistro do Congreso dos Deputados unha proposición non de lei para solicitar a anulación da prórroga da concesión por 60 anos máis a ENCE, pois “foi unha prórroga asinada en Madrid e baseada na arbitrariedade, sen escoitar a opinión nin da cidadanía galega nin […]

Ángela Rodríguez e José García Buitrón atenden as demandas da plataforma Salvemos Catasós ante outro brutal atentado ao medio ambiente favorecido polo PP

A deputada e o senador de En Marea reuníronse este sábado con representantes deste colectivo que traballa pola defensa  da fraga das Casas Vellas, extensión do Monumento Natural da lalinense fraga de Catasós, ameazada pola construción dunha liña de alta tensión entre a capital do Deza e O Irixo. A Xunta de Galicia, presidida por Alberto […]

Ángela Rodríguez: “É inadmisible botar man dunha lagoa lega para non atender as reinvidicacións destes traballadores do mar”.

Alexandra Fernández: “Se o goberno central e o PPdG non defende que os mariñeiros de Long Hope cobren as súas pensións, farémolo nós”. As candidatas número un e número dous de En Marea pola circunscrición de Pontevedra, Alexandra Fernández e Ángela Rodríguez reuníronse esta tarde cunha delegación da asociación de mariñeiros xubilados Long Hope. Reunión á que tamén acudiu o […]