“Cunha actuación branda gañaríase un espazo que se debe converter en porta de entrada dunha Redondela concebida para uso e disfrute das persoas” afirma o candidato á alcaldía, Xoán Carlos González. A cesión por parte da Xunta de Galiza da Praza de Pontareas, ata hai pouco pertencente ao ministerio de Fomento, constitúe para os e […]
A obriga que ten o Bng de Mos é velar porque os dereitos dos cidadáns do concello non se vexan mermados por calquera tipo de proxecto que se queira levar a cabo no territorio municipal, sexa cal sexa o promotor de dito proxecto. Por esta razón, o Bng de Mos mantén contactos coas Comunidades de […]
Unha vez máis os grupos da oposición, Marea, PP, PSOE e Ciudadanos votaron en contra a proposta do BNG para renomear algunhas rúas con nomes de mulleres. Hoxe na Comisión de Benestar, Cultura e Deporte volvemos debater a proposta do BNG que xa fora presentada anteriormente e que recollía expresamente o sentir de todos os […]
O deputado por Pontevedra, Luís Bará defendeu hoxe unha proposición non de lei que contou co apoio unánime da Cámara galega polo que: “O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a facer xestións ante a propiedade de Maderas Iglesias S.A coa finalidade de procurar a viabilidade e a continuidade da empresa , velar polos […]
Unha delegación galega encabezada pola portavoz nacional e do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón, a coordinadora de relacións internacionais e portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda e o responsable de relacións coa Península, Rubén Cela, mativo hoxe un encontro coa secretaria xeral de Esquerra Republicana, Marta Rovira e o vicesecretario de Acción Política, […]
Os concellos gobernados polo BNG colocan as bandeiras a media asta en sinal de respecto e solidariedade con Portugal, “o país irmá” que está a vivir momentos de dor e conmoción social, tras a traxedia que xa ten deixado 64 vítimas mortais. O municipio de Verín foi o primeiro en seguir esta proposta aprobada na […]
Os grupos parlamentarios de En Marea e o BNG rexistraron esta mañá no Parlamento de Galicia a solicitude de comparecencia urxente do Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee-Dumbría na Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo co obxecto de escoitar a situación que están atravesando os traballadores da factoría, pois descoñecen o futuro das […]
O BNG quere acabar co abandono do monte galego como maneira de recuperar unha parte clave do territorio e do medio rural, e para iso formula unha serie de propostas que pasan por darlle valor económico, social e ambiental ao monte, -cun aproveitamento integral do mesmo-, superar a política do monocultivo de eucalipto que fomenta […]
“Recollemos unha demanda veciñal e social unánime que é fundamental para o barrio de Teis”. Desta maneira, presentou esta mañá o deputado nacionalista, Luís Bará, a proposición non de lei que levará ao Parlamento galego a conversión en vía urbana do tramo de AP-9 que atravesa a cidade de Vigo. Bará mantivo un encontro con […]
O deputado nacionalista Luís Bará visitou o entorno do colexio, para presentar unha bataría de medidas, co fin de garantir unha accesibilidade máis segura. Recibíu información de membros da ANPA, da AA.VV., ademáis do Obradoiro de Estudios Locais Fernando Monroy. Durante a visita o deputado nacionalista coñeceu de primeira man a situación de inseguridade que […]
O edil do BNG afirma que a presentación ao Consello Parroquial de Chapela destas obras, foi a posteriori de seren adxudicadas, con moi limitadas posibilidades de poderen presentar aportacións. Segundo Xoán Carlos González, “o goberno de Javier Bas ninguneou ao Consello Parroquial, para que este poidera presentar propostas antes de que se publicitaran e licitaran as […]
O BNG da comarca de Vigo ven de renovar o seu Consello Comarcal nunha asemblea que tivo lugar na tarde do martes. Na asemblea celebrada onte resultou reelixido como responsábel comarcal Manuel Caride, cabeza de lista da única candidatura presentada que foi aprobada por unanimidade. Xunto a Manuel Caride, pasarán a formar parte do Consello […]
O BNG vén de presentar no Parlamento de Galiza unha proposición non de lei na que avoga por unha nova regulación comercial para a venda de prensa escrita e revistas. A iniciativa, que foi explicada en rolda de prensa polo deputado Luís Bará, recolle as demandas do sector dos quiosques e dos e das vendedoras […]
Foto: arquivo Na tarde do mércores, o deputado nacionalista presentou a coleitivos parroquiais de Chapela un paquete de medidas que van ser debatidas no Parlamento Galego na vindeira semana. “Trátase dunha Proposición non de Lei que busca poñer en marcha diversas medidas para que o entorno da Avenida de Redondela, sexa recuperado para os veciños […]
A Executiva nacional do BNG celebrou a súa primeira reunión cun encontro distendido e informal nun restaurante compostelán tras a celebración da XVI Asemblea Nacional na Coruña, onde as 19 persoas que integran a nova dirección recibiron o apoio do 98,23% da militancia. A reelixida portavoz nacional, Ana Pontón, quixo agradecer a participación das aproximadamente […]
A militancia do BNG deu un contundente respaldo á reelixida portavoz nacional, Ana Pontón, que encabezaba a candidatura de consenso que obtivo o apoio do 98,23% das bases, con 1.112 votos a favor, 1 en contra e 19 abstencións. Unha nova dirección que consolida a renovación xeracional, sen renunciar á experiencia, e que pilotará a […]
O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego plantexou na sesión plenaria do pasado 9 de marzo unha serie de preguntas sobre diversos asuntos de interese para a cidadanía do Porriño. Un deles, por exemplo, é sobre os asulagamentos producidos en decembro na rúa Coruña, logo de que se executaran obras de saneamento na lindeira rúa […]
A corporación municipal, cos votos de PP e PSOE, acordou a concesión da distinción de vigueses distinguidos deste ano ao empresario José Silveira e aos colexios concertados Acacias e Montecastelo. Para o BNG esta decisión é a todas luces desafortunada pois supón un recoñecemento do sector privado fronte ao público en cuestións tan sensibles como […]
“É a candidatura da militancia, do consenso que conseguimos trazar entre todos e todas, un valor de fortaleza para seguir camiñando neste tempo novo”. Así definiu Ana Pontón a lista de unidade que encabeza a actual portavoz nacional, que será sometida á votación das bases na cita asemblearia que o BNG celebra esta fin de […]
A militancia do BNG renovará os seus órganos de dirección cunha única candidatura de consenso tras pecharse o prazo de presentación, –finalizado este luns 20 ás 19.00H-, sen que se rexistrara ningunha outra lista alternativa á aprobada polo Consello Nacional. Esta candidatura de consenso, encabezada pola actual portavoz nacional Ana Pontón, consolida o relevo xeracional […]
Foto de arquivo Diante das informacións recollidas nos medios de comunicación a respeito da defensa legal do ex concelleiro do BNG, Xabier Alonso, en relación á causa do chamado caso “Formigón” da que resultou totalmente exculpado, o BNG de Vigo quere manifestar publicamente as seguintes consideracións: – En primeiro lugar salientar que o compañeiro Xabier Alonso […]
O Consello Nacional aprobou os textos das teses políticas, principios organizativos, regulamento e informe de xestión que serán sometidos a debate e votación final por parte da militancia na XVI Asemblea Nacional, que se celebra o 25 e 26 de marzo na Coruña baixo o lema En Bloque cara a un tempo novo. O máximo […]
Esta cuarta feira, o BNG mantivo un encontro con representantes da asemblea de colectivos sociais que desde hai 27 días realiza unha acampada reivindicativa na Praza do Concello. Na xuntanza, en representación da fronte nacionalista asistiron o responsábel local, Serafín Otero, e mais o responsábel comarcal, Manuel Caride. Os colectivos sociais trasladaron as súas demandas, […]
O remate das obras de acondicionamento do treito da N-555, afectado polas ríadas do marzo de 2016, están a crear preocupación e malestar entre a veciñanza de Negros. Así o concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González relata como a instalación de quitamedos, nun treito duns 50 metros, “non cumpre as espectativas creadas. Os elementos protectores, están […]